Sesións formativas organizadas pola Delegación de Apostolado Seglar

O venres 13 de decembro ás 20:30h, en Monforte de Lemos, nos locais da parroquia de S. Antonio (rúa Manuel María, s/n), hai unha reunión formativa en torno ao documento da Conferencia Episcopal Española “Los católicos en la vida pública”. Aínda que o documento non parece recente, segue sendo obxecto de estudo e actualización.

O próximo martes 17 de decembro ás 19:30, en Melide, no salón da parroquia de S. Pedro (rúa Mateo Segade, nº 2), terá lugar outra reunión formativa sobre a familia como Igrexa doméstica.

Nomeamentos para distintas parroquias da Diocese

Alfonso Fraga Ríos é o novo párroco de San Martiño de Condes. E tamén é o administrador parroquial de San Cibrao de Pregazón, San Xoán de Pregazón, Santa María de Pacio, Santa María de Xia, San Xiao de Carballo, Santa María de Silvela, San Cosme de Rocha, San Martiño de Prado e Santa María de Lamas.

Manuel José Castro Gay vén de ser nomeado administrador parroquial de San Xoán de Parada.

O domingo 15 ás 13 h será o acto de toma de posesión de Luciano Armas como moderador do equipo pastoral da parroquia Santiago A Nova (Lugo).

Campaña de Cáritas Lugo e Cáritas Internacional

Outlet a prol de Caritas

Os Servizos Xerais de Cáritas organizan unha tenda solidaria na Praza de Santo Domingo (Lugo) a partir do día 6 de decembro e até o 16 de xaneiro de 2014. É un espazo no que 6 comercios lucenses colaboran na organización dun outlet.

Por outra parte, lembremos que na segunda semana de decembro iniciouse unha campaña xurdida dunha iniciativa auspiciada polo Papa Francisco e realizada pola Confederación Caritas Internationalis co obxectivo de acabar coa fame para o 2025. O lema é “Unha soa familia humana. Alimentos para todos”

Mans Unidas puxo en marcha un Recanto de Nadal

Mans Unidas recanto natalino

Mans Unidas Lugo organiza desde a primeira semana de decembro e ata o día 22 na rúa Armañá (Lugo) un Recanto de Nadal no que se venden obxectos para recadar fondos destinados a tres proxectos en países empobrecidos.

O horario é o seguinte:

– Luns a venres pola mañá de 10:30 a 13.30 e pola tarde de 16:30 a 20:30.

– Sábados pola mañá

A %d blogueros les gusta esto: