Cadea de Oración polas Vocacións

Hai unha Cadea de Oración polas Vocacións, na Diocese desde as 09:00 da mañá do sábado 20 até as 22:00 h. da tarde do domingo 21.

 Esta Cadea de Oración combina momentos comunitarios abertos a todos con horas de oración privada de comunidades relixiosas. Durante máis de 36 horas sempre haberá algunha parroquia ou comunidade na Diocese que estará a rezar polas vocacións a todos os estados da vida cristiá. Porque xa se comprometeron a facelo a unha hora concreta parroquias e comunidades de Bolaño, Lalín, Meira, Melide, Quiroga, Ferreira de Pantón, Navia, O Cebreiro, Monforte, Samos, Chantada, Monterroso, Ferreirúa, Siador – Silleda, Lugo.

 Aínda que unha persoa ou comunidade non teña asignada unha hora concreta para a Cadea de Oración, convídase a unirse á mesma en calquera momento desta fin de semana.

José Antonio González: Importancia da constitución Dei Verbum do Concilio Vaticano II

Unha das catro constitucións aparecidas con motivo do Concilio Vaticano II foi Dei Verbum, da que temos un balance positivo. Impulsou os estudos e os métodos esexéticos. Desde unha concepción escolástica e fría da revelación, pasouse a unha concepción dialogal da revelación como encontro de Deus cos seus fillos a través de Cristo Xesús; desde unha visión esquemática de inspiración pasouse a afirmar con rotundidade que os autores sagrados eran tamén, noutra orde, verdadeiros autores que usaban as súas facultades e talentos; desde a defensa belixerante da historicidade dos Evanxeos pasouse a unha comprensión dos Evanxeos como escritos nacidos da predicación e da tradición. Desde unha visión recelosa da Biblia reservada para expertos, o Concilio afirmou con decisión que a Palabra divina era o centro da vida da Igrexa e a alma da Teoloxía, recomendando sen reservas o seu coñecemento, estudo e vivencia.

Ler máis

A Parroquia da Milagrosa organiza charlas formativas e unha peregrinación

Os días 15, 16 e 17 de abril a partir das 20:00h no Salón Parroquial hai unhas xormadas formativas tituladas “Creo na Resurrección” a cargo de José Antonio González García, profesor de Sagrada Escritura

A parroquia A Milagrosa de Lugo tamén organiza unha peregrinación a Santiago polo Camiño Francés repartindo o traxecto durante varios sábados, coas datas que se indican a continuación:

13 ABRIL Pedrafita – Triacastela

20 ABRIL Triacastela – Sarria

11 MAIO Sarria – Portomarín

18 MAIO Portomarín – Palas de Rei

25 MAIO Palas de Rei – Arzúa

1 XUÑO Arzúa – Pedrouzo

8 XUÑO Pedrouzo – Santiago

Peregrinación ao sepulcro de Luis de Trelles en Zamora

fundador Adoración Nocturna

Esta fin de semana será homenaxeado na Catedral de Zamora o fundador da Adoración Nocturna, Luis de Trelles y Noguerol, que está enterrado nunha das naves da Catedral. Acoden representantes desta asociación de fieis de varios lugares de España, sobre todo de Granada e Lugo.

Membros da Adoración Nocturna de Lugo participan o día 13 unha Eucaristía e unha ofrenda floral ante os restos mortais de Luis de Trelles. Previamente, ás dez da mañá da zona da Mosqueira, Lugo sae o autocar que se pon a disposición dos adoradores.

Entre os actos desta fin de semana está a presentación do libro da Fundación Luis de Trelles que recolle as intervencións nas XXII Xornadas de verán.

A %d blogueros les gusta esto: