San Antonio de Padua de Lugo estrea páxina web

Despois de clausurar no mes de xaneiro as celebracións polos cincuenta anos de existencia como parroquia, san Antonio de Padua de Lugo lanzou ao ciberespacio a súa páxina web.

Nunha das seccións precisamente informan deses actos do seu cincuentenario. Pero a nova páxina web xa ten moitas outras seccións: Parroquia, Cáritas, Catequese, Horarios, Oracións a san Antonio, Equipo de Liturxia, Vida e Obra do patrono, Historia parroquial, Album de Fotos, Evanxeo do día.

O enderezo é www.sanantoniodepadualugo.es/

A parroquia de San Antonio, de Lugo, clausura o seu cincuentenario

O venres día 6 celebrouse unha Misa solemne, coa actuación do Coro de San Antonio. Inaugurouse o panel “Xuntos facemos parroquia” donde se recolle a historia da parroquia e houbo unha conferencia de Francisco Castro Miramontes: “Antonio de Padua home de Deus”
O sábado día 7 celebrouse o concerto “Xuntos facemos parroquia” con intervencións do grupo folk
Sons da eira (Ourense) e o conxunto de música clásica Ethos (Lugo). Tamén se pasou unha proxección sobre a vida da parroquia nestes 50 anos. Foi un pequeno homenaxe a todas as persoas que contribuíron coas súas capacidades e compromiso a erguer esta comunidade. Especialmente tívose un recoñecemento para Don Gonzalo o párroco fundador.
O domingo día 8, o Bispo de Lugo presidiu unha Misa solemne e a continuación houbo un xantar de irmandade dos fregueses.

Campaña “Doce Nadal” da parroquia de Santiago A Nova

Os días 17 e 18 pola mañá e pola tarde na sacristía vella da parroquia lucense de Santiago A Nova hai unha exposición e venda de repostería, productos ecolóxicos. O obxectivo é que nestas datas os máis necesitados teñan na súa mesa o calor da solidariedade dos seus veciños. Na Campaña de Nadal do ano pasado recadáronse máis de 2.800 €.

Campaña de Nadal da Cáritas da Milagrosa

Na parroquia da Milagrosa de Lugo comezou a campaña de Nadal de Cáritas. A recollida de alimentos e donativos fanse na igrexa e despacho parroquial. Repartición de alimentos todos os xoves e repartición da bolsa extraordinaria de nadal o día 23 de decembro pola mañá.

O venres 16 de decembro hai unha cea benéfica de Cáritas a fin de recadar fondos para os necesitados. O prezo da invitación é de 10€, será integramente destinado como donativo á Campaña de Nadal. As invitacións están á venda no despacho parroquial e na misa de 19,30 horas.

A %d blogueros les gusta esto: