Pregón de Semana Santa en Lugo

O pregón de Semana Santa de Lugo foi pronunciado polo Xefe de Zona da Garda Civil da Comunidade Autónoma de Galicia Miguel Ángel González Arias. Foi o mércores 29 de marzo no Salón Rexio do Círculo das Artes.

Miguel Ángel González foi intercalando vivencias persoais con cuestións históricas. Entre as primeiras, a celebración do Domingo de Ramos en Santo Estevo de Furís (Castroverde), a festa de San Lázaro da Ponte (Lugo), a súa participación na procesión da Borriquiña (Lugo), a procesión do Santo Cristo do Perdón… Entre as cuestións históricas, a figura de Narciso Gómez Luque nomeado en 1903 cóengo de Lugo por “méritos de guerra”. Caso único na historia da Igrexa e da Garda Civil. O seu corpo descansa no claustro da Catedral.

O pregoeiro tivo unha lembranza a José Luis Cancela Rodríguez, que fora irmán maior da confraría do Cristo do Perdón.

Antes do pregón actuou o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández. O coro estivo acompañado polo organista Nacho Samena.

[Texto do pregón]

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: