Principais actividades programadas en torno á festa do Apostolado Segrar

 A Delegación de Apostolado Segrar, en colaboración coa Delegación de Misións, o venres 2 de xuño, ás 20:00 h., no salón de actos da Deputación de Lugo, organizou unha charla baixo o título de “Ser Igrexa en permanente saída”, que impartiu Milagros Martínez, licenciada en pedagoxía social.

Comezou cunhas reflexións a partir da exhortación Evangelii Gaudium, e dixo que a alegría consiste en estar sempre atentos ás necesidades dos demais e alimentando isto coa oración e a lectura do Evanxeo. E a parte central da súa intervención foi sobre o papel dos leigos na Igrexa Diocesana, sinalando os problemas do evanxelizador: crise de identidade, cansazo por exceso de activismo, separación fe-vida, búscanse seguridades que non se teñen na vida persoal, pénsase que a acción propia é mellor cá allea. Para Milagros estes problemas non se superan necesariamente con grandes programas pastorais e si son importantes as seguintes actitudes:

  • Traballar xuntos, con corresponsabilidade
  • Actitude de escoita
  • Actitude de oración, volvendo ao Evanxeo, para distinguir o trivial do importante
  • Recoñecer deficiencias, pero non quedar niso, senón presentar solucións
  • Ter compromiso social
  • Aproximarse aos alonxados

O sábado 3 de xuño a parroquia do Sagrado Corazón de Lugo acolleu primeiro a ASEMBLEA DIOCESANA DE LAICOS e a continuación a Vixilia de Pentecoste (imaxe da dereita, vía @alfredo_losada).

O domingo 4 de xuño ás 13h na Catedral celebrouse a Eucaristía de Pentecoste.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: