Publícase o catálogo da exposición “Hoc Hic Mysterium. O esplendor da presenza”

Está a venda o catálogo da exposición temporal que se pode ver na capela do Pilar da Catedral lucense.

Nas 120 páxinas do catálogo faise unha reseña moi detallada e documentada de cada obra de arte. Son pezas escollidas e moi valiosas de coleccións privadas ou que están xa na Catedral pero agora poden verse con máis proximidade e acceso a detalles.

Na elaboración das pezas buscouse a excelencia nos materiais e a mestría técnica dos artistas, en canto que cálices, copóns, custodia… están destinados a conter o Corpo de Cristo.

Son obras representativas do esplendor do culto en Lugo e do mellor do patrimonio da Diocese. E todo este exepcional conxunto de obras de arte débese á xenerosa devoción de bispos e fieis. Cos seus xestos, o Esplendor da Presenza transfórmase en Arte.

A exposición Exposición “Hoc Hic Mysterium” O esplendor da presenza está organizada polo Lucense Eucharisticum Centrum e patrocinada pola Deputación de Lugo. Os comisarios e redactores do catálogo son César Carnero e Carolina Casal.



Deixa un comentario

%d bloggers like this: