Reunión de guías das igrexas do Camiño en Portomarín

_DSC0003.JPG
Os sacerdotes e guías das igrexas do Camiño de Santiago na Diocese de Lugo reuníronse en Portomarín o pasado día 30 de setembro. Foi unha xuntanza de fin de tempada, ao rematar o período de colaboración destas pesoas nas súas tarefas informativas.

Comezou a xuntanza cun momento de oración na igrexa parroquial, para pasar logo ó salón parroquial e dar comezo á reunión, presidida polo delegado de Santuarios e Peregrinacións, José Criado Sanchez. Déronse informacións sobre os trámites levados a cabo co Xacobeo, agora Tour Galicia, na persoa de Nava Castro e Rafael Sánchez. Ante a falta de colaboración do ente público e a disminución das axudas, manifestouse o descontento das persoas contratadas, que quedaban sen traballo sen non é porque a Diocese de Lugo se fixo cargo este ano practicamente da metade das contías económicas correspondentes á nómina das mesmas e coa sombra da imposibilidcade de seguir con esta actividade para o vindeiro ano. No reunión quedou patente tamén, por parte dos participantes, o escaso interese da Xunta de Galicia por potenciar o tema relixioso do Camiño, centrándose únicamente no turismo. Os guías das igrexas manifestaron, a favor da relixiosidade no Camiño, o agradecementos que reciben de moitos peregrinos polo seu labor e da cantidade de xente que pasa polas igrexas, que van desde 200-300 diarios de media por lugares máis pequenos a preto de 1.000 nos principios e fin de etapa. Manifestaron ademais, que os seus horarios laboráis se prolongan ao ter que atender a peregrinos que solicitan axuda fóra do horario estipulado. Do mesmo xeito, os sacerdotes están a suplir estas incidencias con moitas horas de adicación ós peregrinos, na atención relixioso, por suposto, pero tamén noutros eidos, cunha atención integral ás necesidades dos peregrinos. No caso do Cebreiro hai que facer constar que pasa xente todo o ano, con 5.000 persoas (peregrinos e turistas) ó mes en tempada baixa e ata 13.000 no mes de agosto. A nivel relixioso, asisten á misas unhas cen persoas diarias.

_DSC0023.JPG

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: