Rito de admisión ás ordes sagradas de dous seminaristas de Lugo

O martes día 20, ás 8 da tarde, na capela do Seminario Diocesano, o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presidirá a celebración do Rito de Admisión ás Ordes Sagradas dos seminaristas Daniel Gil González e Alberto Riádigos García.

Daniel Gil é natural da parroquia de Bendoiro (Concello de Lalín) e Alberto Riádigos é natural da parroquia da nosa Señora das Dores de Lalín. Ambos están a cursar 6º de Estudos Eclesiásticos.

No Rito de Admisión ás Sagradas Ordes, a Igrexa católica recoñece como candidato a un seminarista para poder ser ordenado diácono e máis tarde sacerdote.

1 comentario en “Rito de admisión ás ordes sagradas de dous seminaristas de Lugo

  1. Os meus cordiais saúdos a Daniel e Alberto e a miña felicitación máis sincera. Alédome ben de que dous veciños do Concello de Lalín (do que tamén formo parte) se atopen no derradeiro escalón cara o sacerdocio.
    Anque moi lonxe, dende a Amazonía peruana, vai a miña forte aperta misioneira.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: