Peregrinación a Terra Santa

Peregrinación a Terra Santa organizada polo Seminario 1

Peregrinación organizada polo Seminario co desexo de que a visita aos lugares que coñeceron a vida histórica de Xesús axude aos participantes a facer o camiño da formación e da vocación con maior gozo. Programa:

13 xullo.- Lugo – Tel Aviv

14 xullo.- Tel Aviv – Tiberiades (Dia de María): Nazareth. Basílica da Anunciación; Igrexa de San Xosé, Haifa. Cesarea a Marítima.

15 xullo.- Tiberiades (Día de Xesús e o seu ministerio) Mar de Galilea, Cafarnaum, Monte das Benaventuranzas, Caná, Monte Tabor.

16 xullo.- Tiberiades – (Xerusalem como El a Xerusalem) Nablus, Xericó e Monte da Cuarentena, Qunram, Mar Morto, Deserto de Xudea, Cenáculo.

17 xullo.- Xerusalem (A Alegria da Natividade) Belén, Monte Sión, Barrio Xudeu, Vía Dolorosa, Santo Sepulcro.

18 xullo.- Xerusalem (Dor e Paixón do Señor) Explanada do Templo, Monte das Oliveiras, Ein Karem.

19 xullo.- Xerusalem (A Resurreccion e a Vida): Via Crucis, Via Dolorosa, Santo Sepulcro.

Horto solidario dos alumnos do Seminario

Os alumnos do Seminario de Lugo non só reciben formación teórica sobre a solidariedade (unha das bases fundamentais inculcadas no centro) senón que tamén manteñen un horto solidario.

Os propios estudantes preparan a terra e plantan unha vintena de frutais e hortalizas como leitugas, tomates, pementos, verzas…

Miguel Leiva TorreiroÉ unha actividade coordinada polo profesor de Matemáticas e Tecnoloxía, Miguel Leiva Torreiro, na parroquia de Santa Comba, preto de Nadela. Outra plantación é unha leira que o Concello de Outeiro de Rei cedeulles para este fin no polígono industrial. Os rapaces collen o labor con ganas, aínda que acaben coas mans cheas de calos. Non deixa de ser unha actividade diferente, divertida, e cun fin solidario. O 90% da produción repártese entre a xente necesitada de Lugo e o 10% restante consúmese no Centro. Da parte que se doa, o 70% lévase a Cáritas parroquial de Lugo. O outro 30% da colleita vai ó comedor social de San Froilán.

Os participantes na actividade aprenden non só aspectos da natureza senón tamén de matemáticas (cando fan estatísticas da produción anual, por exemplo), química (reciclaxe, biodiésel…)

Por este horto solidario, os seminaristas recibiron en anos anteriores o premio Voz Natura.

[Páxina web da actividade]

Encontro vocacional e xornada de portas abertas do Seminario

O sábado 23 de maio de 11:00 h a 16:30 h. o Seminario organiza un día de convivencia para monagos e mozos que poidan ser futuros candidatos a seminaristas menores. Será un día no que os seminaristas están no Seminario, de modo que poidan ser eles os anfitrións e os que se encarguen de presentar esta realidade do Seminario aos que participen no encontro. [Inscrición no Encontro Vocacional]

“Portas Abertas” do Seminario Menor para as familias

O mesmo día a partir das 11:30 h. Iníciase unha xornada de “Portas Abertas” para as familias ou outras persoas interesadas en coñecer de cerca o Seminario Menor, a súa proposta educativa, as súas instalacións, o funcionamento ordinario da vida académica e comunitaria… Haberá unha primeira presentación e saúdo no Salón de actos e logo, posteriormente, unha visita guiada ás instalacións, para que o conxunto non se estenda máis aló das dúas horas de duración. A ela poden unirse, pois, tanto familias dos que veñen ao Encontro como outras persoas interesadas.

Xornada de portas abertas no Seminario o día 11

Seminario lucense

A Xornada de Portas Abertas é unha iniciativa do Seminario Diocesano dirixida fundamentalmente ás familias e a outras persoas interesadas en coñecer de cerca o Seminario, particularmente a proposta educativa e o funcionamento do Seminario Menor. Constará dun saúdo no Salón de Actos, coa presentación xeral do Seminario Menor, e despois unha visita guiada ás instalacións, coa presenza de algúns profesores e seminaristas como anfitrións.

Este primeiro encontro de Portas Abertas para o curso 2015-2016 terá lugar o sábado 11 de abril, a partir das 11 da mañá, e cunha duración aproximada de dúas horas. Posteriormente, a finais de maio, haberá un encontro dirixido aos rapaces futuros posibles candidatos ao Seminario, para unha xornada de convivencia. Seguramente tamén naquela data se ofertará de novo unha experiencia de Portas Abertas para as familias que o desexen.

Celebración de Santo Tomé no Seminario

Santo Tomé 2015 003

O día 28 o Seminario celebrou a festa de Santo Tomé de Aquino. Os actos comezaron ás sete da tarde cunha Eucaristía na capela maior presidida polo Bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco Rouco. E sobre ás oito na aula magna do centro houbo unha conferencia sobre “Santa Teresa, Mestra de Experiencia” a cargo do especialista en Santa Teresa de Xesús e editor das súas obras, o P. Salvador Ros García ocd.

A %d blogueros les gusta esto: