Asemblea Anual da Adoración Nocturna de Lugo

O venres 15 de marzo celebrarase a Asemblea Anual Regulamentaria da Adoración Nocturna de Lugo no Seminario Diocesano, co seguinte programa:

Ás 19 horas, SANTA MISA, na capela do Seminario.

Ao concluír esta Eucaristía iniciarase a Asemblea no salón de actos do mesmo centro, tratándose estes puntos:

 – Preces regulamentarias

 – Saúdo do Presidente Diocesano

 – Informe de Secretaría

 – Informe de Tesouraría

 – Informe do Presidente sobre a situación da Obra

 – Elección de novo Presidente Diocesano

 – Rogos e preguntas

 – Intervención do Director Espiritual

Ao concluír o acto compartirase un pequeno ágape de confraternidade.

Festa da familia adoradora

A Adoración Nocturna celebra o domingo 30 de setembro en Chantada a XIII Festa da familia adoradora da Diocese de Lugo. O programa é o seguinte:

  • 11,00 h Recepción e concentración de adoradores diante da antiga igrexa Parroquial.

  • 11,15 h Saúdo do Presidente da Sección de Chantada e rezo de laudes, no citado templo.

  • 12,15 h Procesión de bandeiras cara á igrexa nova

  • 12,30 h Eucaristía presidida por Monseñor Carrasco Rouco. Ao concluír, visita á Nova Capela do Santísimo, integrada nunha monumental e artística Santa Cea, e tempo libre.

  • 15,00 h Comida de confraternidade.

  • 18.00 h Desprazamento ao Santuario de Nosa Sra. do Faro.

  • 19,00 h Ofrenda floral, rezo do Santo Rosario e breve intervención do Presidente Diocesano.

  • 20,00 h Regreso.

25 aniversario da Adoración Nocturna Feminina de Lalín

 No ano 1993 comezaba en Lalín unha sección da Adoración Nocturna Feminina. Transcorridos 25 anos de tal fundación, celébrase o vindeiro 8 de setembro ás 19 horas na igrexa de Santa María das Dores.

 O Consello Diocesano da Adoración Nocturna Feminina Española en Lugo pon a disposición de adoradores, familiares e amigos un autobús para asistir á conmemoración. Sairá ás 17 horas do sábado 8 de setembro da praza de Bretaña, con paradas diante do edificio da Xunta e na Fonte dos Ranchos. Para reservar praza chamar a un dos seguintes teléfonos: 982 246 936 (Mª José), 982 202 463 (Anuncia).

Asemblea da Adoración Nocturna Feminina

O vindeiro sábado 17, celebrará a Asemblea Anual Diocesana a Adoración Nocturna Feminina. Será no salón de actos da parroquia de S. Froilán, ás catro e media da tarde.

Na orde do día inclúese a lectura da Memoria Anual, un informe sobre a Asemblea Nacional celebrada en Zaragoza e outro informe sobre a situación actual da Adoración Nocturna Feminina na Diocese de Lugo.

Tamén se procederá á elección dalgúns cargos para o Consello Diocesano. Ao final da Asemblea celebrarase unha Eucaristía, na que se impoñerán distintivos a algúns membros pertencentes á Asociación.

A Adoración Nocturna Feminina estableceuse en Lugo no ano 1961 e conta na actualidade con nove quendas na capital e unha sección en Lalín, que este ano celebrará os seus vinte e cinco anos de existencia.

XII Festa da Familia Adoradora da Diocese de Lugo

O domingo 24 de setembro celebrarase en Portomarín a XII Festa da Familia Adoradora da Diocese de Lugo. Todos os adoradores das seccións de Lugo, Chantada, Sarria, Lalín, Portomarín e O Corpiño están convocados para acudir a esta entrañable festa de confraternidade adoradora. A xornada servirá tamén de estímulo para seguir traballando, cada vez con máis ilusión, na “viña do Señor”.

O programa é o seguinte:

  • Ás 11.00 horas: Recepción de adoradores na “Casa do Pobo” de Portomarín. (Fronte ao Templo Parroquial)

  • Ás 11,30 horas: Saúdo do presidente da Sección de Portomarín e charla do Sr. Alcalde desta localidade, sobre a historia e devir deste laborioso pobo.

  • Ás 12,15 horas: Procesión de Bandeiras ata a igrexa parroquial onde, ás 12.30 celebrarase a Santa Misa. Concluída esta, actuará na praza o grupo de gaitas “Río Miño” que animará a festa.

  • Ás 14.30 horas: Comida de confraternidade

  • Ás 18,00 horas: Rezo do Santo Rosario e “Ofrenda Floral” ante a imaxe de Nosa Sra. das Vitorias, na igrexa parroquial, dando fin aos actos cunhas palabras do presidente diocesano.

A %d blogueros les gusta esto: