No seu 50 aniversario, Cáritas recoñece a colaboración de varias institucións

Institucións que reciben distintivo de Cáritas 1

O día 25 de marzo, ás 12 h na sede de Cáritas en Avda. Américas 93-97, o director de Cáritas diocesana de Lugo, Ginés Plaza, fixo entrega da figura conmemorativa dos 50 anos de Cáritas ás seguintes institucións: Subdelegación do Goberno; Xunta de Galicia; Deputación de Lugo; Concello de Lugo; Delegación da Axencia Tributaria; Vicerreitorado de Lugo.

Con motivo do 50 aniversario de Cáritas diocesana de Lugo, esta organización quere ter un recoñecemento con todas aquelas persoas ou institucións que colaboraron activamente con eles no labor de axuda e solidariedade cos máis necesitados.

Na imaxe (de esquerda a dereita): o Vicerreitor da Universidade de Santiago, García Herradón; o Delegado en Lugo da Axencia Tributaria José MªNúñez; representante da Deputación, Regina Polín; o alcalde de Lugo, J. Clemente López, o director de Cáritas, Ginés Plaza, a Delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias; o subdelegado Goberno, Ramón Carballo Páez, e o Delegado episcopal de Cáritas, Antón Negro

Cáritas Lugo recoñece o labor dos párrocos da Diocese na persoa de Luis Soto

Soto e Ginés

O director de Cáritas Diocesana de Lugo, Ginés Plaza, fixo entrega dunha distinción a D. Luís Soto Camino dentro da campaña de actos con motivo dos 50 anos da institución caritativa diocesana.

Na figura de D. Luís, creador da parroquia de San Lourenzo de Albeiros, quérese representar o labor de todos os sacerdotes da Diocese que nas súas parroquias mostran o rostro da atención eclesial a todos os necesitados.

Conferencia do Secretario Xeral de Cáritas, Sebastián Mora

Cáritas 50 anos de encontros 2

Co lema “50 anos de Encontros”, Cáritas Lugo inicia unha serie de actos cos que celebrar a súa traxectoria

 O primeiro dos actos é unha conferencia que pronunciará o luns 27 ás oito da tarde no salón de actos do hotel Méndez Núñez Sebastián Mora que é o Secretario Xeral de Cáritas España. O título será “Claves históricas dunha resposta”. 

Actividades de Cáritas Lugo para nenos e adolescentes

O Servizo de atención á infancia e mocidade de Cáritas, realiza unha actividade para adolescentes: Xornada de uso racional de novas tecnoloxías. É o día 28 de decembro no Centro de Servizos de Cáritas Diocesana de Lugo en Avda. das Américas n° 93-97 en horario de mañá.

Tamén hai unha celebración de Nadal, cunha festa o día 28 de decembro pola tarde no Colexio Divino Mestre.

Conclúe o Curso de Tempo Libre organizado por Cáritas

O sábado día 14 de decembro, ás 10 h no Centro de Servizos de Cáritas Diocesana de Lugo, na Avenida das Américas, 93-97, terá lugar o acto oficial de entrega dos títulos de Monitor de Tempo Libre. Corresponden ao Curso de Tempo Libre organizado polo Servizo de Atención á Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo e impartido pola Escola de Tempo Libre de Cáritas Diocesana de Ourense.

Na entrega dos citados títulos estarán o Director de Cáritas Diocesana de Lugo, Ginés Fernando Plaza Fernández e a Coordinadora do Servizo de Atención á Infancia e Xuventude, Ana María Veiga González.

Este curso foi subvencionado polo Ministerio de Sanidade e Política Social e ten como obxectivo fundamental formar os futuros monitores co fin de mellorar a calidade de vida infantil e xuvenil.

A %d blogueros les gusta esto: