Inicio do curso pastoral

O día 18 ás 20 h será a inauguración oficial do curso pastoral 2013 / 2014 cunha Eucaristía na Catedral presidida polo señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.

É un acto aberto a segrares, sacerdotes, comunidades relixiosas, educadores cristiáns, para que todos se unan tanto na celebración eucarística como no posterior xesto de envío.

Novos beatos vinculados a Lugo

Mons. Basulto Berardo de Visantoña

A Mons. Manuel Basulto disparándolle cunha escopeta desde unha distancia de metro e medio en Vallecas en agosto de 1936. Fora trasladado en tren desde Jaén cun grupo de presos, entre os que se encontraba algún familiar seu, que tamén morrería. Despois de 67 anos de vida e 26 de goberno episcopal (10 en Lugo e 16 en Jaén) Don Manuel Basulto foi asasinado vilmente, sen xuízo nin condena, polo mero feito de pertencer á Igrexa.

Berardo de Visantoña foi un franciscano capuchino que nacera en Visantoña, Santiso, A Coruña, Diocese de Lugo. Morreu mártir o 14 de agosto de 1936 en Jove, Asturias. Tras sufrir varios bombardeos Xixón, unha multitude rodeaba a igrexa de San José, convertida en cárcere, pedindo a cabeza dos detidos nela. Enchéronse tres camións. Aínda que non se sabe o número total de executados a cifra rolda as 100 persoas. O fusilamento realizouse dentro das tapias do cemiterio de Jove.

A aparición de María na Salette ten o seu centro en Cristo

Ano Xubilar saletino

O próximo ano cúmprense nada menos que 150 da presenza de María baixo a advocación de Nosa Sra. da Saleta na parroquia-santuario de San Miguel de Siador. Por este motivo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco promoveu e apoiou con entusiasmo a celebración dun Ano xubilar. Xa hai meses solicitou do Papa a través da Penitenciaría Apostólica a graza xubilar da indulxencia plenaria, a cal foi concedida.

A aparición de María aos pastores Maximino e Melania, o 19 de setembro de 1846, nunha montaña situada na Salette (Alpes), atópase entre as recoñecidas e aprobadas oficialmente pola Igrexa. Desde entón son moitos os que atoparon na mensaxe da Saleta o camiño da conversión, a profundización da súa fe, o dinamismo para a súa vida cotiá.

Se algo caracteriza profundamente a aparición de María na Salette, tanto a mensaxe como os signos, é a súa centralidade en Cristo. As súas palabras apuntan ao seu Fillo, e o crucifixo que está sobre o seu peito atrae poderosamente a atención de Maximino e Melania, e del irradia a luz que envolve toda a aparición. Na oración tradicional dirixida a Nosa Sra. da Saleta pedímoslle: “Volve os nosos corazóns cara ao teu Fillo Xesús, alcánzanos a graza de amalo sobre todas as cousas…”. No transcurso do Ano xubilar sexa esta nosa súplica perseverante e unamos a ela a nosa decidida determinación de facer de Xesús o amor da nosa vida.

P. Amador Marugán Patiño, M.S.

Triduo en honra á Virxe das Dores

Triduo Virxe Dores igrexa pp. Franciscanos

Os días 13, 14 e 15 de setembro, a Confraría do Desencravo celebra un triduo á Virxe das Dores na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo.

Ás 19,00 horas haberá o rezo do Santo Rosario e ás 19,30 horas, Santa Misa.

Predica o capelán da confraría, o Padre Frei Amado González.

O día 15, ao finalizar a Eucaristía haberá un bicamáns á Virxe das Dores.

A %d blogueros les gusta esto: