Concluído o Curso de Educación Afectivo-Sexual en Silleda

Curso afectivo sexual en Silleda
O COF Diocesano de Lugo organizou un curso de Educación Afectivo-Sexual para axentes de pastoral os días 30 e 31 en Silleda. Participaron 43 persoas, entre elas tres sacerdotes e un bispo, dúas relixiosas, uns 15 mozos universitarios, 10 mestres e profesores, e un pequeno grupo de catequistas. Foi impartido por Begoña Ruiz Pereda, FSCC, licenciada en ciencias relixiosas e responsable de formación de formadores de a Fundación Desarrollo y Persona.
O curso abordou temas como “Da atracción ao amor como tarefa”, e realizáronse dous talleres prácticos, un deles para aprender a responder preguntas reais que fai a mocidade.
A valoración global do curso foi moi positiva por parte de todos os asistentes. A experiencia levou a confirmar a necesidade de formarse ben neste tema e varias delegacións de distintas dioceses galegas xunto coa Fundación COF Diocesano de Lugo proxectan para o próximo curso, 2015-2016, unha formación de 30 horas en Educación Afectivo-Sexual.

Resolución do concurso para o logotipo do Centro de Orientación Familiar (COF)

De entre as máis de 120 propostas recibidas, con gran creatividade moitas, o xurado viu 4 ideas moi valiosas que recibirán unha mención de honra e un premio. Unha das propostas foi a idea base que inspirou a fusión das outras tres, até chegar a unha nova idea que servirá para crear o deseño final do logotipo do COF Diocesano. Esta idea recibirá un premio especial. As outras 3 recibirán un premio.

É posible ver unha selección das propostas presentadas visitando a Sede do COF Diocesano, na rúa Anxo López Pérez 12, Local J. Os debuxos están expostos até o día 24 de xaneiro.

Ler máis

A %d blogueros les gusta esto: