Festa do comezo do Mes de María no Corpiño

O martes 1 de maio, tiña lugar a Festa do comezo do Mes de María e o Xubileu dos oficios e traballos artesanais.

O aumento de devotos foi considerable ao longo de todo o día, chegando ata desde a Parroquia de San Esteban Protomártir-Fuenlabrada (Diocese de Getafe) un grupo de 50 fregueses; sobresaíndo o número de asistentes na Misa Solemne das 12:00 h sendo presidida por Nicolás Susena Presas, sacerdote da Diocese de Lugo, ordenado 15 días atrás.

O próximo xubileu que se levarán a cabo no Santuario será o domingo 6 de maio: Xubileu das Nais.

[Álbum de fotos da Festa do 1 de maio]

Próximos xubileus no Santuario do Corpiño

Ademais do Xubileu de catequistas do día 28, o domingo 29 de abril ás 12 horas terá lugar no Santuario do Corpiño o Xubileu dos enfermos e do persoal sanitario. Haberá a Unción de todos os enfermos individualmente, a bendición especial das persoas que se dediquen á sanidade e do material e instrumental sanitario que porten.

O martes 1 de maio será o Xubileu dos oficios e traballos artesanais e tamén se celebra o comezo do mes de María. Hai misas desde as 9 da mañá, procesión trala Eucaristía das 12 e misas pola tarde a partir das 5.

Xubileu das amas de casa e as súas asociacións

O domingo, 22 de abril, celebrouse no Santuario do Corpiño o Xubileu das amas de casa e as súas asociacións.

Se co Ano Santo o número de devotos aumentou considerablemente, o bo tempo fixo que o Santuario quedase pequeno para acoller o gran número de fieis.

Ás 11:00 h saían do Santuario un grupo de 50 peregrinos procedentes de Burgos e outro de Ribadavia (Ourense), acompañados por voluntarios e o Reitor do Santuario, cara á igrexa parroquial de San Pedro de Losón, para realizar o Camiño dos pastorciños. Durante o percorrido Don José Criado tivo ocasión de saber dunha curación milagrosa a un neno que a Benaventurada Virxe María do Corpiño realizou fai máis de 30 anos, feito que se recollerá nun libro sobre os milagres que a Santísima Virxe realizou.

Sobre as 11:50 h o Reitor do Santuario impartía a bendición aos devotos na Carballeira do Santuario, coincidindo coa chegada dos peregrinos que realizaban o Camiño dos pastorciños e iniciábase a procesión cara á Porta Santa.

Ás 12:00 h, comezaba a Eucaristía, que nesta ocasión contou co coro de Francelos (Ribadavia). Ao finalizar impartiuse a bendición a todos os presentes.

Voluntarios do Santuario do Corpiño visitan enfermos e maiores

Durante o actual Ano Xubilar, cada día moita xente acode ao Santuario do Corpiño para rezarlle á Virxe e pasar pola Porta Santa. Son persoas de Galicia e tamén doutras partes de España que están gañando o xubileu. Pero outras persoas non podían ir a O Corpiño. Así que un grupo de voluntarios, principalmente de Lalín, Silleda e Vila de Cruces iniciaron unha serie de visitas como ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e á Residencia Nosa Señora das Dores en Lalín. Neste último lugar amenizouse a visita con diferentes cancións, pois os voluntarios do grupo de visitas do Ano Santo estiveron acompañados do Coro Interparroquial do Corpiño e tamén se lles uniu para cantar o Coro da Alegría formado por usuarios e voluntarios da Residencia. Foi unha xornada moi emocionante para todos. Entregáronlles a cada persoa estampa e a pulseira do Ano Santo Mariano.

O domingo 22 ás 12:00 h, Eucaristía por todas as persoas que se ocupan do labor do coidado do fogar e polas súas asociacións. Ao terminar  impártese a bendición a todos os presentes

Xubileu do deporte no Santuario do Corpiño

O domingo, 15 de abril celebrouse no Santuario do Corpiño o Xubileu do deporte e a vida saudable.

Sobre as 11:40 h o Reitor do Santuario impartía a bendición aos devotos na carballeira do Santuario, coincidindo coa chegada dos peregrinos que realizaban o Camiño dos pastorciños.

A procesión cara á Porta Santa tivo un peculiar detalle: algúns integrantes do equipo de ciclismo Rodamontes Lalín Bike Club realizárona en bicicleta.

Ás 12:00 h, comezaba a Eucaristía, que contou a Coral Voces Amigas de Moraña; nas Ofrendas o tres veces campión de España de bádminton, Rodrigo Sanjurjo, ofreceu a súa raqueta á Benaventurada Virxe María do Corpiño.

A %d blogueros les gusta esto: