Concentración de vehículos antigos e Xubileu dos condutores no Corpiño

O domingo 19 de novembro celebrouse no Santuario do Corpiño o Xubileu dos condutores. Ás 11:40 h, iniciaba a peregrinación cara á Porta Santa un gran grupo de fieis chegados de diversas zonas:  Vigo, Tui, Redondela, Marín, Cangas… Chegaron distintos tipos de vehículos, desde taxis ata camións, para recibir a bendición no Ano Santo Mariano.

O día anterior, o sábado 18 de novembro, o Santuario do Corpiño recibira unha visita especial: unha concentración de vehículos antigos organizado pola Escudería de Clásicos “O Toxo” de Lalín. Sobre as 17:30h da tarde empezaba a ruxir o exterior do Santuario co son dos motores, ata cubrir o longo do aparcadoiro. Ás 18:00 h, tivo lugar a Eucaristía na que se fixo unha mención especial á Escudería. Ao finalizar, impartiuse a bendición a todos os vehículos antigos.

Xubileu dos condutores no Corpiño

Continúa a súa andadura o Ano Xubilar Mariano no Santuario da Benaventurada Virxe do Corpiño. O día 19 de novembro será o Xubileu dos condutores.

Ás 12:00 h, Eucaristía por todas as persoas que sexan condutores e por todas as vítimas de accidentes de tráfico e os seus familiares. Ao terminar impartirase a bendición a todos os presentes.

Un día antes, o sábado 18 de novembro ás 18:00 h, visitará o Santuario unha concentración de coches antigos.

Durante a semana segue acudindo moita xente, como é o caso de fregueses ds parroquias de San Francisco Xavier e San Xosé de A Coruña (foto inferior), que están no Corpiño o 16 de novembro.

Exitoso Xubileu no Corpiño das vítimas de rexeitamento social

O primeiro domingo de novembro celebrouse no Santuario do Corpiño o Xubileu
das Vítimas que sofren Rexeitamento Social. A pesar do frío, a cantidade de fieis
da Virxe non diminuíu senón que aumenta cada día. Chegaron de varios autobuses de Moraña, Vigo, Poio e Combarro entre outros.
Ás 12:00 h, tivo lugar a Eucaristía por todas as persoas que sofren rexeitamento social e
polas persoas e asociacións que contribúen á súa inserción na sociedade. Ao terminar
impartiuse a bendición a todos os presentes.
O éxito tanto dos xubileus como do Camiño dos Pastorciños (todos os domingos ás 11:00 h e 17:00 h) é moito
maior do que se esperaba no seu inicio; tendo tal aceptación que cada día únense
máis devotos de diversos lugares.
O próximo Xubileo, o 19 de novembro, dedícase aos condutores.
Ás 12:00 h, Eucaristía por todas as persoas que sexan condutores e por todas as
vítimas de accidentes de tráfico e os seus familiares. Ao terminar impartirase a bendición
a todos os presentes.
Un día antes do próximo Xubileu, o sábado 18 de novembro ás 18:00 h, visita o Santuario
unha concentración de coches antigos.

Xubileus no Santuario do Corpiño en novembro

Prosegue a celebración do Ano Xubilar Mariano no Santuario da Benaventurada Virxe do Corpiño. O máis inmediato é o deste domingo 5: o Xubileu para as vítimas que sofren rexeitamento social. Dúas semanas despois (día 19) será o Xubileu dos condutores e o último domingo, o 26, o Xubileu da música.

Neste mes de novembro tamén haberá dous relatorios – catequeses:

A importancia das indulxencias, por José Manuel Penela Campos, Chanceler Secretario Xeral da Diocese

Con María celebramos a liturxia, por José Antonio Ferreiro Varela, Delegado Episcopal de Liturxia

Xubileu no Corpiño das Forzas e Corpos de Seguridade e Forzas Armadas

O domingo 8 de outubro dedícase ás Forzas e Corpos de Seguridade e ás Forzas Armadas. Os horarios e os actos celebraranse do mesmo xeito que os anteriores xubileus, se o tempo o permite:

  • Ás 11:00 h, Saída cara á igrexa parroquial de San Pedro de Losón para realizar desde alí ata o Santuario o Camiño dos pastorciños, (1km)

  • Ás 11:35 h, o Reitor do Santuario impartirá a Bendición na Carballeira do Santuario

  • Ás 11:40 h, comezo da Peregrinación cara á Porta Santa (100 m)

  • Ás 11:50 h, chegada á Porta Santa e entrada ao Santuario.

  • Ás 12:00 h, Eucaristía por todas as persoas relacionadas coas Forzas e Corpos de Seguridade e Forzas Armadas, coa posterior Bendición.

A maiores, o domingo 8 de outubro ás 19:30h, o Santuario contará cun concerto de Luis do Olmo, Luis Santana e Antonio López, totalmente gratuito.

A %d blogueros les gusta esto: