Pregón do DOMUND

O pregón do DOMUND terá lugar o 19 de outubro ás 20h na igrexa Santiago A Nova (Lugo). O encargado de pronuncialo é o xurista, historiador e escritor José Ramón Ónega, que naceu en Pol, e escribíu unha biografía do santo lucense José María Díaz Sanjurjo: un gallego en Vietnam.

 Participará o Coro Parroquial de San Francisco Xavier (Lugo), dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera.

Celebracións previas ao DOMUND

O martes 16 de outubro ás 19 h na igrexa de San Francisco Xavier ten lugar a Vixilia do Domund tendo especialmente presentes aos misioneiros, que cambian o mundo co seu labor de anuncio e caridade entre os máis necesitados da Terra.

O venres 19 de outubro ás 20h na igrexa Santiago A Nova será o pregón do DOMUND. O encargado de pronuncialo é o coñecido xurista, historiador e escritor José Ramón Ónega, que naceu en Pol, como o protagonista dun dos seus libros José María Díaz Sanjurjo: un gallego en Vietnam.

[Materiais do DOMUND]

Galicia será este ano sede das actividades do Domund

As dioceses de Galicia serán este ano a sede de todas as actividades que con carácter nacional realizarán as Obras Misionais Pontificias (OMP) en relación co Domund, a Xornada Mundial das Misións. No outubro misioneiro deste ano as principais cidades de Galicia acollerán testemuños, charlas, exposicións e a lectura do pregón. Este ano o Domund celebrarase o día 22 de outubro co lema “Se valente. A misión agarda por ti”. Con este lema faise referencia a que os misioneiros son un modelo para todos os cristiáns e para a sociedade actual. Evanxelización e promoción social son para as Obras Misionais Pontificias dúas caras da mesma moeda: o desenvolvemento integral do home.

O Domund é unha ocasión privilexiada para volver a mirada con gratitude aos preto de 13.000 misioneiros españois.

A %d blogueros les gusta esto: