III Encontro de pais

Nestes encontros invítase a proxectar a vida familiar dun modo intelixente nun espazo de formación e reflexión sobre a familia e as emocións.

O Centro de Orientación Familiar Diocesano e o Instituto da Familia de Ourense organizan en Lugo entre outubro e febreiro os III Encontros de Pais

Vén ben un ‘adestramento’ como pais se descubrimos que…

– Necesitamos mellorar algún aspecto na nosa familia (comunicación, xestión das relacións, das emocións, das actitudes…).

– Necesitamos afrontar algunha situación difícil que nos xera tensión.

– Queremos ter criterios máis claros sobre como educar en aspectos como afectividade, sexualidade, novas tecnoloxías, como pór límites, sobre como saber onde comeza a sobreprotección e acaba o agarimo.

O coaching familiar contribúe a….

– Mellorar o noso autocoñecemento persoal e familiar.

– Atopar novos enfoques, convertendo en retos as ameazas.

– Mellorar a comunicación.

– Adestrarnos no afrontamento de problemas e a resolución de conflitos.

– Mellorar as nosas habilidades sociais.

Temas

I. Pais maduros, fillos felices: o reto

II. Asertividade: afrontando conflitos

III. Fillos líderes e resilientes

IV. Intelixencia espiritual: educación 3.0

V. Xestión intelixente das novas tecnoloxías

Metodoloxía: En cada sesión haberá unha breve exposición teórica, un taller práctico e propostas de instrumentos educativos prácticos.

Inscrición e contacto: Realizarase a través dunha solicitude por correo electrónico e formalizarase o mesmo día do comezo do curso.

Email: secretaria@institutodafamilia.es

Ofrécese servizo de gardaría.

Custo (Todo o curso): 15 € por persoa

Horario: 19:30 – 21:00 horas

Dirección: Rúa Ramón Ferreiro, 30. Lugo

Periodicidade

Ano 2.019

Martes 8 outubro

Martes 12 novembro

Martes 17 decembro

Ano 2.020

Martes 14 xaneiro

Martes 11 febreiro

No Colexio salesiano Divina Pastora tamén se farán estes Encontros de Pais a partir do 13 de novembro e no Colexio Divino Mestre comezarán o 14 de xaneiro.

Concluíron os II Encontros de Pais

Desde o mes de novembro de 2018 o Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo e o Instituto da Familia de Ourense organizaron os II Encontros de Pais. Esta semana concluíron nas dúas localizacións onde houbo estes Encontros: Colexios Divino Mestre e Divina Pastora.

Durante estes meses tratáronse temas como: coidarse un mesmo para coidar á familia, comunicación en familia, acompañar aos fillos nas súas dificultades, familyfullnes (busca construír a familia, centrarse no positivo e mellorar lazos interpersoais), intelixencia espiritual, ciber trío (pais – fillos – móbiles).

Estes Encontros de Pais terán continuidade.

A %d blogueros les gusta esto: