Encontro de seglares en Melide para tratar da familia

O día 18 de febreiro de 2013, ás 19:30, en Melide, no salón da parroquia de S. Pedro (rúa Mateo Segade, nº 2), tratarase o tema “O compromiso sociopolítico na familia”. Esta reunión está dirixida polo matrimonio Juan López e Yolanda Sánchez, membros de Arela e colaboradores na parroquia coruñesa de S. Cristovo das Viñas. Estas sesións xiran en torno á temática elixida, que este curso 2013/2014 é “A familia, Igrexa doméstica”.

Comeza o Curso de Formación en Matrimonio e Familia

197 participantes, 75 nenos e 10 monitores estarán este sábado en Silleda para participar na 1ª xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia. 

Tras o relatorio da mañá, Antropoloxía da familia, a cargo de Xosé Manuel Domínguez, pola tarde haberá a oportunidade de coñecer interesantes experiencias de diversos ámbitos da Pastoral Familiar en España. En concreto, as Escolas de Familias da Arquidiocese de Toledo. Van máis aló dunha escola de pais, integrando tamén aos fillos de forma que poida vivir esta experiencia toda a familia.

Os bispos galegos presentan o Curso de Formación en Matrimonio e Familia

Rueda de prensa obispos_0119

O Arcebispo de Santiago, Julián Barrio Barrio, o Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge, o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, e o Bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, compareceron o 26 de novembro pola mañá en Santiago de Compostela para presentar oficialmente o Curso de Formación en Matrimonio e Familia (CFMF) que se iniciará en xaneiro do 2014.

Esta iniciativa conxunta, de todas as dioceses de Galicia, é un proxecto pioneiro en España. Será a primeira vez que un curso destas características se ofreza desde as igrexas diocesanas. Até o momento unha formación similar só se proporcionaba por universidades ou centros específicos.

Nas súas intervencións os prelados galegos destacaron a importancia que a institución familiar ten para a Igrexa. A preocupación polo seu benestar e a necesidade de prestarlle todo o seu apoio, levou á Igrexa galega a elaborar esta proposta concreta, que se materializa nun curso de formación, reflexión e intercambio de experiencias.

Ler máis

Encontros prematrimoniais na Fonsagrada, Lugo e Chantada

Na parroquia Santa María de A Fonsagrada teñen previsto para o día 4 pola mañá uns encontros prematrimoniais, que continuarían o sábado 11 do maio (pola mañá e pola tarde).

 No caso da parroquia Santiago A Nova de Lugo é o día 4 cando conclúe esta formación de cara ao sacramento do matrimonio.

 Entre os días 6 e 10 de maio, estes encontros son en Chantada (parroquia de Santa Mariña) e Lalín (parroquia de Nosa Señora das Dores).

 Casar e convivir é unha aventura, así que conleva un certo risco, pero se os protagonistas da aventura poñen os medios, pode controlarse. O obxectivo é casar na fe cristiá e saber como traballar a felicidade día a día.

Encontros prematrimoniais en Meira e Lugo

Encontros prematrimoniais

O matrimonio require un especial coidado e preparación. Para iso en Meira ofrécese un espazo de reflexión sobre a nova vida dos futuros esposos. A primeira sesión é o día 13 pola mañá e a seguinte o día 20 pola mañá e pola tarde.

En Lugo, estes encontros prematrimoniais serán na parroquia de San Antonio de Padua os días laborables da semana que comeza o 22 de abril.

Organiza: Delegación Diocesana de Pastoral Familiar

A %d blogueros les gusta esto: