Xornada de formación permanente no Seminario sobre o Ano da Fe

20121228-130338.jpg

Mons. Alfonso Carrasco, Bispo de Lugo dirixiu unha xornada de Formación Permanente para sacerdotes centrada na celebración do ano da fe. Na primeira sesión da mañá constatou que a reflexión sobre a fe é algo que xa non se formula nunha sociedade onde a razón enmarca toda norma de comportamento. Fixo tamén un percorrido pola historia do cristianismo e polos problemas na vivencia da fe ao longo dos séculos, na súa relación coa razón e as desviacións motivadas pola inclinación de moitos autores polo camiño da razón sen ter en conta a revelación. Despois do Vaticano II, proseguiu o Bispo, a teoloxía católica centrou os seus esforzos na centraliade da figura de Xesucristo como Revelación dun Deus – Amor. Enténdese así a fe, ademais do seu compoñente racional, como unha relación de comuñón. A fe preséntase así como un camiño de discipulado, de seguimento de Xesucristo, tal e como se presenta nos Evangelios.
A %d blogueros les gusta esto: