Xornadas de Oración e Formación da Adoración Nocturna Feminina

Estas xornadas terán lugar os días 25 e 26 de maio na igrexa parroquial de Santiago A Nova de Lugo, segundo o seguinte programa:

Sábado 25 De 10 a 13:15 horas A fe como “don”, a cargo de Alfonso Vilariño

De 16:30 a 20 horas A fe como “virtude”, por Daniel Rodríguez Rodríguez

Ás 18:30, Santa Misa polo eterno descanso da adoradora activa Blanca López

Blanca pertencía á quenda da Inmaculada Concepción e era tesoureira.

Domingo 26 De 10 a 13:30 horas Contidos da fe, por Alfonso Vilariño.

III Congreso de Educadores Católicos

III Congreso de Educadores Católicos Lugo

O Congreso, baixo o título “Damos fe” será o 4 de maio de 2013 no Gran Hotel Lugo entre as 10h e as 17h. Intervirán o filósofo Xosé Manuel Domínguez Prieto (O profesor cristián: identidade e misión) e as seguintes persoas, que falarán das súas experiencias educativas:

o provincial dos Escolapios, Daniel Hallado;

o inspector de ensino Federico Pérez Morán;

a irmá Saleta, Obreira de Xesús (colexio en Ferreirúa);

Ana Azevedo e Daniel Faílde ( Facultade de Veterinaria).

 

Xornada de formación permanente no Seminario sobre o Ano da Fe

20121228-130338.jpg

Mons. Alfonso Carrasco, Bispo de Lugo dirixiu unha xornada de Formación Permanente para sacerdotes centrada na celebración do ano da fe. Na primeira sesión da mañá constatou que a reflexión sobre a fe é algo que xa non se formula nunha sociedade onde a razón enmarca toda norma de comportamento. Fixo tamén un percorrido pola historia do cristianismo e polos problemas na vivencia da fe ao longo dos séculos, na súa relación coa razón e as desviacións motivadas pola inclinación de moitos autores polo camiño da razón sen ter en conta a revelación. Despois do Vaticano II, proseguiu o Bispo, a teoloxía católica centrou os seus esforzos na centraliade da figura de Xesucristo como Revelación dun Deus – Amor. Enténdese así a fe, ademais do seu compoñente racional, como unha relación de comuñón. A fe preséntase así como un camiño de discipulado, de seguimento de Xesucristo, tal e como se presenta nos Evangelios.

Reunións sobre Doutrina Social da Igrexa

Cada segundo mércores de mes ás 19 hs., Antón Negro, Ramón Jacobo, Jesús Santiago e José Río irán dirixindo sucesivas sesións que tratarán os seguintes temas:

1.- Resume do tratado o ano pasado (estado de dereito, dignidade humana, antropoloxía, conciencia, dereitos humanos).

2.- Implicación social da fe (con motivo do Ano da Fe)

3.- O principio de subsidiariedade (con tódalas implicacións que ten)

4.- O principio de solidariedade

5.- A marcha da humanidade cara a solidariedade

6.- O tema da propiedade na DSI

7.- O uso cristián dos bens

Estas reunións están pensadas para persoas de Cáritas, Pastoral da Saúde, Mans Unidas, Delegación de Misións, Pastoral Penal e todo aquel interesado en coñecer a dimensión social da fe e as súas consecuencias.

I Xornadas de ‘redes’ penitenciarias

Formación prisión

O Secretariado Diocesano de Pastoral Penitenciaria, xunto coas asociacións Aliad-Ultreia e Concepción Arenal, e coa colaboración de Cáritas, organizan unhas sesións formativas sobre a reinserción dos reclusos unha vez que saen de prisión. É algo no que están involucradas varias entidades: Cáritas parroquial, os centros penais…

As xornadas diríxense a persoas con inquietude por formarse ou interesadas en participar como voluntarias en actividades de exclusión social. Esta formación básica é esencial nunha tarefa como esta que é complexa, pero ao mesmo tempo moi necesaria para axudar a humanizar o mundo da prisión e sensibilizar á sociedade sobre este tipo de exclusión. Temas: causas que levan a delinquir, consecuencias da privación de liberdade, actividades nas que os asistentes poderán participar.

O curso é ás 19:00 horas no Salón de Cáritas na Avda. das Américas, 93 de Lugo

  • Luns 12: Delito e delincuencia

  • Lunes 19: Da vida en prisión á vida en liberdade

  • Lunes 26: A participación social: o voluntariado

A %d blogueros les gusta esto: