Campaña contra a fame de Mans Unidas

Victor Gil en Lugo 2

Trinta misioneiros e expertos, cos que traballa Mans Unidas en todo o mundo, contan estes días en varias cidades de España, a súa experiencia de loita contra o fame. En Lugo, o misioneiro en Tailandia Víctor Gil Muñoz está compartindo o seu traballo de loita contra a fame, do 10 ao 12 de febreiro, con conferencias, eucaristías, charlas en centros educativos.

O 10 de febreiro Víctor Gil estivo no Salón de Actos da Fundación Abanca (Lugo) explicando que Tailandia aínda non asume o protocolo da ONU de no discriminación educativa para todo o mundo e non escolariza aos fillos dos emigrantes birmanos. Por iso, en colaboración coa súa congregación -La Salle- e Mans Unidas, creou a Escola de Bambú, onde se dán estudos, alimentación e afecto. 

VENRES 12 DE FEBREIRO ás 18:00 h.: Eucaristía no Seminario e Merenda da Fame. Como xesto de apoio aos 793 millóns de persoas que sofren fame cada día no mundo, Mans Unidas celebra o Día do Xaxún Voluntario e propón doar o importe da nosa comida dese día aos proxectos de desenvolvemento que realiza Mans Unidas. Desde Lugo finánciase un proxecto en Honduras e outro en Zambia.

[Manifesto de Mans Unidas]

Mans Unidas organizou unha conferencia sobre Laudato si’

Copia de Conferencia David Varela

O martes 12 de xaneiro Mans Unidas organizou unha conferencia sobre a recente encíclica do Papa Francisco Laudato si’.  O reitor do Seminario lucense, David Varela, que foi o encargado de pronunciala, repasou os contidos do texto pontificio e como introdución dixo que ata agora non había un documento papal que abordase dun xeito tan concreto o tema da ecoloxía. Tamén considerou David Varela que o texto está con pleno dereito dentro do grupo de encíclicas sociais e que, como é o normal no pensamento teolóxico, tanto este como Laudato si’  están elaborados en continuidade co xa dito pola Igrexa con anterioridade. Como conclusión, escolleu unha frase: 

“O xemido da irmá terra únese ao xemido dos abandonados do mundo, cun clamor que nos reclama outro rumbo” (Laudato si’ 53)

Mans Unidas asume a chamada de Francisco para contribuír, desde o traballo da organización, á renovación cultural baseada nunha conversión ecolóxica integral.

[Documentación de Mans Unidas sobre Laudato si’]

Mesa de experiencias na loita contra a pobreza

Copia de Mesa experiencias

Cáritas Diocesana de Lugo e Mans Unidas, con motivo da celebración do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza (17 de outubro), organizaron unha Mesa de experiencias.

Participaron:

  • Antón Negro Expósito (Delegado de Cáritas Lugo), que presentou o acto.
  • Rosario Bosque Martínez (de Cáritas Santiago), que falou do Sillón solidario para a atención bucodental
  • Amalia Hermida (de Mans Unidas), fixo ver que hai millóns de mans xenerosas, proféticas, incansables.
  • e Miriam Piqueras (de Madreselva ONGd) invitou a coñecer, compartir, denunciar, cambiar costumes.

Concentración solidaria organizada por Mans Unidas

Copia de manosunidas24h-10

O xoves 28 hai actos por toda España convocados por Mans Unidas. E a delegación lucense invita a concentrarse ás oito e media diante do edificio do Concello, na praza Maior de Lugo. Tras unha presentación, repartirase aos presentes unha vela para que, encendida, simbolice o desexo de poñer luz nun mundo no que hai inxustizas. E finalmente lese un manifesto.

Campaña do ano 2015 de Mans Unidas Lugo

Maquetación 1

A Campaña do ano 2015 invita a facer balance sobre o logro dos 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio propostos por Nacións Unidas, precisamente para cumprir neste ano. A loita contra a pobreza é unha tarefa das nacións, pero, tamén, de cada persoa.

O Día do Xaxún Voluntario lembra aos millóns de persoas no mundo que teñen que xaxuar a cotío por obrigación, por non ter que comer. A Delegación de Mans Unidas da Diocese de Lugo tamén se solidariza con eles, organizando unha Eucaristía o 6 de febreiro ás 18:20 horas na capela do Seminario Diocesano e a continuación sobre as 19:00 horas unha merenda solidaria con donativo de cinco euros no comedor do mesmo lugar.

A colecta de todas as igrexas de España do sábado 7 e domingo 8 de febreiro, destínase íntegramente aos fins, misión e proxectos de Mans Unidas. Este ano os dous proxectos que financia Mans Unidas Lugo son:

– en Ghana a construción dun pabellón cirúrxico, e outro

– na India a mellora da situación sanitaria en 15 pobos.

Durante esta semana o misioneiro do IEME Claro Jesús Díaz Pérez está percorrendo colexios, parroquias… da Diocese dando a coñecer a presenza da Igrexa entre os máis pobres, neste caso entre os empobrecidos de Nicaragua.

[Ver manifesto]

A %d blogueros les gusta esto: