Vin onde viviu o Señor

Foto de grupo trala renovación das promesas bautismais

O domingo regresei da viaxe a Terra Santa. Nunca viaxara tan lonxe nin tantos días. Recoñezo que foi unha viaxe moi cansa, pero, ao mesmo tempo, moi interesante en todos os sentidos: espiritual, teolóxico, cultural e de convivencia.

A distancia a Terra Santa é moi grande, por iso é polo que a estancia alí fóra de tantos días. Había que aproveitar para visitar os máximos lugares posibles, e así o intentamos facer.

Alí atopeime con algo do que oín falar centos de veces, quizais miles. Moitos dos lugares bíblicos, sobre todo do Novo Testamento, facíanse reais. Ciertamente, algúns están moi modificados polo paso de 2000 anos e as 10 destrucións completas que sufriu a cidade de Jerusalén; ou polo crecemento desta. Outros están igual mque o tempo bíblico, é o caso do Monte Nebo, o Lago de Galilea, ou ata o lugar do bautismo de Jesús.

Dos Santos Lugares vistos, quedaríame co Lago de Galilea e a súa contorna. Ademais de estar como sempre, favorécelle moito o feito de que a súa contorna non está demasiado urbanizado a excepción do lóxico crecemento da cidade de Tiberiades.

Ler máis

Conclúe a peregrinación diocesana a Fátima

Santuario de Fátima

A Hospitalidade de Nosa Señora de Lourdes da Diocese de Lugo organizou, desde o pasado 12 de setembro ao luns día 15, a Cuarta Peregrinación Diocesana de Lugo a Fátima (Portugal). Participaron 107 peregrinos de diversos puntos da Diocese lucense, acompañados de 2 sacerdotes.
Ademais das distintas celebracións organizadas no Santuario de Fátima (Misa na Capelinha das aparicións presidida por Lugo, Procesión dos fachos, Misa Internacional, Víacrucis, etc), os visitouse Lisboa (houbo unha Misa na Basílica construída sobre a casa natal de San Antonio de Padua); Belén; Bathala (Santa María da Vitoria), Alcobaza, Nazaré, Coimbra, todo o conxunto de Bon Jesú e o gran santuario de Sameiro, lugar onde se tivo un Acto Mariano.

Mozos galegos acollen a peregrinos en Portomarín

 

Acollida peregrinos en Portomarín 3

Durante a penúltima semana de agosto están en Portomarín un grupo de mozos que chegaron das diferentes dioceses galegas para dar unha acollida especial aos peregrinos que fan o Camiño de Santiago.

Cada día esperan ao principio da localidade e ofrecen un pouco de auga, conversa e oídos. Os peregrinos relatan un pouco da súa experiencia e son invitados a que se acheguen pola tarde á praza do pobo, onde se organiza un encontro musical.

Finaliza a tarde coa celebración da Eucaristía e unha bendición moi especial para cada peregrino.

Esta actividade organízana as delegacións diocesanas de xuventude de Galicia.

 

220 xoves de parroquias de Terrassa pasan por Lugo camiño de Santiago

220 xoves de parroquias de Terrassa, Sabadell, S. Cugat, Cerdanyola del Vallés, Cardedeu, Montbui, Parets del Vallés peregrinan a Santiago.

Coincidindo co décimo aniversario da creación da diocese de Terrassa, o 28 de xullo comezou a primeira peregrinación diocesana de mozos a Santiago de Compostela, baixo a presidencia do Bispo titular e o auxiliar Mons. Saiz Meneses, Bispo de Terrassa, e Mons. Salvador Cristau, respectivamente.

O luns fíxose a viaxe en autocar ata Lugo, desde onde comezan a camiñar a partir do día 29 de xullo.  Está previsto que cheguen o sábado a Santiago, e o domingo participen na Misa na Catedral. 

A %d blogueros les gusta esto: