A importante presenza dos relixiosos na Diocese levando parroquias

Juan Antonio Fraile Xornadas Abertas de Teoloxía 2015 (3-5 febreiro) 015

O comboniano Juan Antonio Fraile tamén participou nas Xornadas Abertas de Teoloxía, e fíxoo representando aos relixiosos que na Diocese de Lugo atenden parroquias. Na súa intervención, dixo, entre outras cousas, as seguintes:

“A importancia da nosa misión como cristiáns e de relixiosos é ser testemuñas de Xesús e levalo alí onde Xesús nos queira levar. Nós imaxinámonos que serviremos a Deus en tal cousa, pero quen nos chama é Deus para que o sirvamos onde El nos poña. Por iso cando Mons. Alfonso Carrasco nos convidou a tres combonianos a ir a Palas de Rei non era ir contra o carisma de Comboni; ao contrario, ese carisma consiste en animar a Igrexa, anunciar o Evanxeo, algo que nos compete a todos. E tamén está o feito de ir onde máis se necesite. En Palas a nosa función é anunciar a Cristo e á vez anuncialo dicindo: “Cristo necesita ser levado a todas as partes do mundo”. Atendemos 12 parroquias e a todos os que pasan polo Camiño de Santiago, dicíndolles que Cristo os ama e Cristo está pedíndolles que se encontren con El. Facendo isto estamos servindo sempre o carisma do noso fundador, que non era outra cousa que seguir o que Deus quere.

“O traballo dos relixiosos no mundo rural é importante, porque ese mundo é do máis abandonado, aínda que en comparación coa situación do Congo, está bastante ben”.

Primeiro día das Xornadas Abertas de Teoloxía

Adoración Matas

Adoración Matas Duque participou na mesa redonda con que se iniciaban o 3 de febreiro as Xornadas Abertas de Teoloxía. Ademais de presentar a súa congregación, Relixiosas da Asunción, contou a súa experiencia persoal:

“A educación é unha vocación apaixoante porque empecei a descubrir que é traballar coa persoa. Ao principio unha pensa que vai facer moitas cousas de fóra adentro, ou que hai que aconsellar, ensinar, instruír, que é verdade que hai que facelo, pero a grandeza da misión educadora está en notar que o Espírito de Deus está nos seres pequenos (tiven alumnos entre os 6 e os 14 anos) que comprenden, exprésanse, gozan, sofren.. e que desexan abrirse á vida

“Chegan testemuños ou palabras que fan pensar no importante que é na educación querer á persoa, respetala, valorar o que ten. A nosa fundadora, Mª Eugenia dicía que toda persoa é educable e toda persoa ten algo de bo dentro dela, se non o vemos será porque o noso orgullo nos cega para descubrilo”.

As carmelitas descalzas cumpren 30 anos en Lugo

carmelitas descalzas Lugo

No mes de setembro de 1983 varias relixiosas trasladáronse desde Buñol (Valencia) a Lugo, fundándose así un mosteiro da orde carmelitana na Diocese lucense. Mentres remataba a construción do convento, hospedáronse nunha modesta residencia contigua ao antigo mosteiro das Salesas, na Ronda da Muralla. O convento é pois unha construción recente, situada en Bosende, Paredes, San Pedro Fiz de Muxa, preto da cidade de Lugo. Está sobre un apracible outeiro a uns 400 metros da marxe esquerda do río Miño.

A espiritualidade das carmelitas céntrase na contemplación. A súa vida transcorre no silencio, no anonimato, na penitencia e, sobre todo, na adoración.

Con motivo deses 30 anos en Lugo están a preparar un triduo que comezará o 14 de outubro e que contará coa presenza da imaxe peregrina da Virxe de Fátima.

A %d blogueros les gusta esto: