Retiros espirituais de Coresma

Retiro da Curia en Samos

O 4 de marzo o mosteiro de Samos acolle a partir das 11h un retiro da Curia Diocesana, no comezo do tempo coresmal.

Retiro de Coresma do profesorado de relixión

Será o sábado 11 de marzo no Seminario Diocesano, co seguinte horario:

11,00 h. Oración

11,30 h. Reflexión. Dirixe: D. Alberte Leiva. Párroco de San Antonio (Lugo)

13,00 h. Eucaristía

14,00 h. Xantar

Retiro de preparación ao Advento

Apostolado segrar 2015 2A Delegación de Apostolado Segrar organiza un retiro de preparación ao Advento, aberto a laicos e parroquias de toda a Diocese. Será o sábado 21 de novembro, de 10 a 14h no Seminario.

Acompañará o retiro Ramón Piñeiro Campos, sacerdote diocesano, antigo profesor do Seminario e membro do Instituto Español de Misións Estranxeiras, que estivo en Zambia e Zimbabwe. Actualmente é párroco nos arciprestados de Monforte e Ferreira de Pantón

Retiro de preparación ao Advento

Delegacion Apostolado Segrar

O sábado 22 de novembro, de 10 a 13:50h, hai un retiro de preparación ao Advento organizado desde a Delegación de apostolado segrar. O lugar é o Seminario diocesano de Lugo, e cóntase con Alberto Leiva, párroco de San Antonio.

Será un bo momento para estar atentos ao que nos pide o Señor aquí e agora, e acoller este novo tempo de igrexa misioneira aberta ao mundo.

Os bispos de Mondoñedo-Ferrol e Lugo no santuario da Saleta

Siador-01

Con motivo de celebrar a Curia diocesana lucense un retiro coresmal impartido polo Bispo de Mondoñedo Manuel Sánchez Monge, o día 29 de marzo estarán en Siador (Silleda) os bispos das dúas dioceses, ademais de vigairos, delegados diocesanos… A elección  de Siador está motivada por celebrarse alí, ata o 19 de setembro de 2014, un Ano Xubilar, tras 150 anos de devoción a Nosa Señora da Saleta.

A %d blogueros les gusta esto: