Final do triduo na honra de Don Bosco

triduo Don Bosco final

Na Catedral de Lugo concluíu o triduo en honor a Don Bosco, cunha Eucaristía presidida polo Bispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco. Na súa homilía recordou unha frase de San Xoán Bosco na que expresaba a necesidade de acompañar e de educar, coa razón, o amor e a relixión. Considerou isto Mons. Alfonso Carrasco como unha síntese prodixiosa. Ademais, non se trata únicamente dunha frase que pode resultar máis ou menos feliz, senón que o importante está en que Don Bosco viviuna. Por iso fixo moitos amigos e daba gusto estar aos seu carón para aprender. Concluíu Mons. Alfonso Carrasco desexando que a maior graza e fecundidade chegue ás comunidades salesianas.

Os salesianos celebran os 25 anos de presenza en Lugo

O día 21 desde ás 18:00 ás 24:00 horas, na praza Agro do Rolo do barrio da Milagrosa, a comunidade dos salesianos celebra os 25 anos de presenza en Lugo cunha festa benéfica:

  • Paella xigante

  • Música, contacontos, maxia, para nenos e adultos

  • Mercado de discos, xoguetes…

  • Xogos populares (carreiras de sacos, tirasoga…)

  • Sorteo de obxectos de famosos (camisetas de futbolistas, discos asinados, obxectos orixinais de actores, pilotos de Fórmula 1…).

    Os beneficios destínanse a Cáritas parroquial e á Fundación Juan Soñador.

A %d blogueros les gusta esto: