Irmandamento entre O Incio e Andújar

O 28 de febreiro 55 persoas de Andújar, onde foi bispo San Eufrasio, estiveron no Incio, nun acto de irmandamento entre a localidade andaluza e a galega que comparten devoción polo devandito santo. De feito, actualmente é o patrono de Andújar e da Diocese de Jaen e está enterrado na Parroquia Santa María do Mao. O alcalde do Incio recibiu aos habitantes de Andújar, entre os que estaban directivos da Hermandad de San Eufrasio, o seu consiliario e o párroco de San Eufrasio de Andújar.

Tras unha Eucaristía presidida por José Lebón, en nome do Cabido lucense entregouse aos visitantes andaluces un cáliz e unha patena, como algo representativo de Lugo, Cidade do Sacramento. Desde Andújar xa se enviara aceite ao Cabido lucense para a Misa Crismal da Semana Santa deste ano 2019, outra ocasión para lembrar a presenza do corpo de San Eufrasio no Val do Mao.

Festas de San Eufrasio no Val do Mao

San Eufrasio

O sábado 14 de maio termina a novena que se celebra en honra a San Eufrasio. Ademais, haberá unha gran sesión de fogos de artificio, un popular sardiñada-churrascada e coa orixinalidade de que un castiñeiro centenario converterase en fonte de viño.

O día 15 pola mañá haberá misas rezadas e ás 13:30h será a Misa solemne, presidida por José Lebón, cóengo e veciño da Parroquia. Despois ten lugar a procesión con numerosas imaxes que acompañan ao patrón solemnizado. O luns repítese practicamente o mesmo programa. Este ano a organización dos festexos corre a cargo do barrio novo de Veiga.

Hai un mes La Voz de Galicia publicaba unha información sobre a ruta que durante séculos facían os peregrinos que se desviaban do Camiño Francés para visitar o santuario de San Eufrasio, na igrexa parroquial de Santa María do Mao.

A %d blogueros les gusta esto: