Cadea de oración pola vida consagrada en Sarria e Lugo

En este Ano da Vida Consagrada xa foron varios lugares da Diocese onde houbo un recoñecemento a varias congregacións relixiosas, e nos vindeiros días seguen estes encontros en Sarria e Lugo.

O día 24 ás 20 h na igrexa de Nosa Señora do Rosario de Sarria hai un acto de acción de grazas polas comunidades relixiosas radicadas na zona: mercedarios, operarias parroquiais, relixiosas da Asunción.

E o día 29 será a igrexa de San Froilán, Lugo, a que acolla ás 18:30h a Cadea de oración pola Vida Consagrada. Nela participarán dúas das catro congregacións que pertencen á Parroquia de San Froilán: As Fillas da Caridade e as Irmás da Cruz. As Madres Agustinas farán a súa propia vixilia noutra data e a Alianza unirase á Parroquia de San Lourenzo de Albeiros. Na vixilia de oración do día 29 haberá Exposición do Santísimo, rezarase con textos de San Vicente de Paúl e de Sor Ángela da Cruz e escoitaranse testemuños de relixiosas das dúas congregacións.

Xornada para a Vida Consagrada

Xornada para a vida consagrada

Eucaristía na Catedral de Lugo o 1 de febreiro ás 17h.

Esta xornada ten como obxectivos dar grazas a Deus polo don da vida consagrada á Igrexa e á humanidade; promover o seu coñecemento e estima entre o Pobo de Deus; convidar a cantos dedicaron totalmente a súa vida á causa do Evanxeo a celebrar as marabillas que o Señor realiza nas súas vidas.

Ese día agradécese a Deus polas ordes e Institutos relixiosos dedicados á contemplación ou ás obras de apostolado, polas Sociedades de vida apostólica, polos Institutos seculares, pola Orde das virxes, polas novas formas de vida consagrada.

Lema: A alegría do Evanxeo na vida consagrada.

A alegría na vida consagrada procede da fe, que á súa vez provén da acollida da Palabra de Deus. 

2 de febreiro, Xornada para a Vida Consagrada

Xornada Vida Consagrada cartel

O día 2 de febreiro celébrase a Xornada para a Vida Consagrada, e con ese motivo, ás 17 horas hai unha Eucaristía na Catedral. 

Neste ano o lema da Xornada é: “A vida consagrada no Ano da Fe. Signo vivo da presenza de Cristo resucitado no mundo”. O lema lémbralles a todos os consagrados a vocación que teñen de ser testemuñas da Pascua no medio deste mundo.

Estas son algunhas das cuestións tratadas polo señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco na carta feita pública con motivo desta xornada. Ver escrito pastoral

A %d blogueros les gusta esto: