Celebracións en honra da Virxe da Saúde en Adai

O triduo que se celebra en Sta. Mª Madanela de Adai (Lugo) en honra da Virxe da Saúde comeza o xoves 20 de setembro ás 19h.

O consiliario da Hospitalidade de Lourdes e párroco de Monterroso, Manuel Otero, preside a celebración solemne do primeiro día; o venres día 21, farao Miguel Asorey, Delegado diocesano do Clero e párroco de Meira.

E o sábado 22 correspóndelle presidir o último día do Triduo ao reitor do Seminario Diocesano e cóengo da Catedral, David Varela Vázquez.

O domingo, día 23, haberá misas desde as 9 da mañá; celebrándose a Solemne ás 13 horas, presidida por D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo.

Trala Misa Solemne do día 23, realizarase a “Bendición de chaves” e a Procesión ao redor do Santuario, finalizando os actos coa veneración á imaxe da Virxe da Saúde. En torno ao Santuario, haberá carpa e actuacións de varios grupos.

En Adai a Virxe da Saúde estreará himno e estandarte

O triduo que se celebra en Sta. Mª Magdalena de Adai (Lugo) en honra da Virxe da Saúde estará presidido ás 19:30h polos Arciprestes da zona e colindantes: O xoves 14 de setembro por D. Francisco García Campo, párroco de San Vicente de Rábade e arcipreste de Cotos da Esquerda.; o venres día 15, farao D. Antonio Fernández González párroco do Bo Pastor de Lugo e arcipreste da cidade de Lugo e o sábado día 16 dirixirao o arcipreste de Cotos da Dereita: D. José Chorén López, párroco de San Pedro de Soñar.

O domingo, día 17, haberá misas desde as 9 da mañá; celebrándose a Solemne ás 13 horas, presidida por D. Severino Suárez, Párroco de San Francisco Xavier da Coruña e Arcipreste da cidade herculina.

Este ano estréase o himno á Virxe da Saúde, composto por D. José Molejón Rañón, organista da Catedral de Lugo e gran devoto da Virxe. Tamén se conta, por primeira vez, co estandarte da Virxe da Saúde deste Santuario, doado por unha devota.

Trala Misa Solemne do día 17, realizarase a “Bendición de chaves” e a Procesión ao redor do Santuario, finalizando os actos coa veneración á imaxe da Virxe da Saúde.

En torno ao Santuario, haberá carpa e actuacións de varios grupos.

Triduos en honra á Virxe das Dores e á Virxe da Saúde

virxe-das-dores-e-da-saude

Os días 13, 14 e 15 de setembro e coincidindo coa súa festividade, a Confraría Franciscana do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María  celebrará un triduo en honra á Virxe das Dores na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo co seguinte horario: Ás 19,00 horas: Santo Rosario e ás 19,30 horas: Santa Misa. O triduo está predicado por frei Amado González. O día 15, a Misa será cantada polo Orfeón Xoán Montes, de Lugo, e ao finalizar a mesma, haberá un bicamáns á Virxe das Dores, para todas aquelas persoas que queiran achegarse. Nesta celebración, a Virxe volverá lucir o seu valiosísimo e espectacular Manto Procesional, confeccionado en 1965 en Valencia con veludo negro bordado en ouro e adornado con pedrería e perlas, e considerado polos entendidos como o máis valioso dos que existen na Semana de Paixón galega.

O santuario de Santa María Madanela de Adai acolle un triduo en honra á Virxe da Saúde. O primeiro día, o 15 de setembro, ás sete da tarde preside Luciano Armas; o día 16 á mesma hora, a celebración está presidida por Miguel Álvarez e o día 17 presidirá César Carnero. O domingo 18 hai misas desde as 9 da mañá e ás 13 h será a Misa Solemne, oficiada polo Vicario Xeral da Diocese Mario Vázquez. Trala Misa será a bendición de chaves e a procesión. Haberá unha carpa e actuarán varios grupos.

Celebración en honra da Virxe da Saúde

Adai bicando a imaxe da Virxe 2015

No santuario de Santa María Magdalena de Adai comezou o día 17 un triduo en honra da Virxe da Saúde.
Xoves día 17: Presidiu Daniel García García, Párroco de Albeiros e Cóengo da Catedral de Lugo.
Venres día 18: Presidiu José Antonio Ferreiro Varela, Párroco da Milagrosa e Delegado Diocesano de Liturxia.
Sábado 19: Presidiu Alberte Leiva Torreiro, Párroco de San Antonio de Padua e Profesor.
O día 20 houbo misas desde as nove da mañá e ás 13 horas foi a Misa Solemne, presidida por José Antonio Ferreiro Varela. Logo da Misa, bendicíronse chaves (de casa, negocios, coches), tivo lugar a procesión e deuse a bicar a imaxe da Virxe (foto superior). 

Celebracións no santuario de Adai en honra da Virxe da Saúde

No santuario de Adai, Lugo, ás sete da tarde haberá un triduo en honor á Virxe da Saúde co seguinte programa:

Xoves día 18: Preside D. Ramón Díaz Abelairas, Párroco de San Lázaro.

Venres19: Preside Pegerto Vázquez López, Párroco de San Martiño de Ombreiro.

Sábado día 20: Preside D. Manuel Castro Gay, Párroco de Santiago de Meilán e cóengo.

O domingo 21 haberá misas desde as nove da mañá e ás 13 horas Misa Solemne, presidida por Pegerto Torres Hermida, Párroco e Arcipreste de Chantada-Carballedo.

Logo da Misa: Bendición de chaves (de casas, negocios, coches, etc) e a continuación a procesión. Finalmente, comida campestre e actuación de grupos.  

A %d blogueros les gusta esto: