Participación de lucenses na Xornada Mundial da Xuventude

X M X

 33 peregrinos saíron de Lugo o día 16 para participar na Xornada Mundial da Xuventude baixo a organización do Departamento de Xuventude da Conferencia Episcopal Española. Outros mozos van en peregrinacións organizadas por congregacións, movementos, centros educativos…

 Nos días previos aos actos centrais da Xornada Mundial da Xuventude os mozos de Lugo están por Alemaña e a República Checa coñecendo lugares emblemáticos para a vida da fe e lugares nos que se non se tiña en conta a Deus (como Auschwitz).

Do 20 ao 24 de xullo teñen lugar os Días nas Dioceses: en Poznan vivirán a experiencia de compartir a fe cos fregueses da zona. As familias que acollen, que soen ser xente maior, levan varios meses asistindo a clases de español organizadas polo Concello para atender aos acollidos procedentes de España.

A partir do día 26 únense aos dous millóns e medio ou tres millóns de mozos de todo o mundo que estarán en Cracovia xunto co Papa Francisco, para unirse máis a Cristo.

Peregrinación da imaxe da Inmaculada Xove na Diocese de Lugo

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

A Inmaculada Xove, de sor Isabel Guerra, símbolo da Pastoral Xuvenil de España está no colexio Mª Auxiliadora de Lugo. O delegado de Pastoral Xuvenil, José Antonio Adrio, guía algunhas das oracións da mañá que están facéndose esta semana (9-12 de maio) co alumnado. O 11 de maio pode visitarse na capela do Colexio entre as 17 e as 18h. Ese mesmo día pola noite estará na Capela Universitaria (Casa Diocesana de Exercicios).
Esta imaxe da Virxe foi encargada pola Conferencia Episcopal Española á artista Isabel Guerra para que percorra as dioceses de España, unindo en oración a miles de mozos. Comezou a súa andadura a partir do Encontro xuvenil Ávila 2015 e de Lugo irá a Tui-Vigo e logo a Málaga.

A Delegación de Mocidade presenta as súas actividades para este curso

O 26 de novembro, a partir das 21 h nos locais da Delegación Diocesana de Mocidade (na Casa de Exercicios, rúa Ona de Echave), terá lugar a presentación das actividades que esta delegación dirixe aos mozos.

A este acto están invitados todos os sacerdotes da cidade, membros de movementos e delegacións diocesanas. Despois do encontro os asistentes compartirán unha paella cociñada polos mozos colaboradores da Delegación.

Con este acto, a Delegación presenta os retos e as necesidades que demanda a mocidade de hoxe e cal debe ser a resposta que lles ofrece a Igrexa lucense.

A Delegación de Mocidade supón un punto de encontro de mozos das distintas parroquias e movementos, ofrecendo ademais unha serie de actividades que os aúnen. Entre elas destacan as peregrinacións xuvenís ao Santuario de Fátima (Portugal) e ao Santuario de O Faro (Chantada); “Unha Luz na noite? (evanxelización en zonas de lecer); a Xornada Mundial da Mocidade (Cracovia 2016); e a oración na capela universitaria (os mércores a partir da 21h) na que participan asiduamente uns 35 mozos.

Curso “Aprendamos a amar”

curso-monitores-Aprendamos-a-amar_Página_1Os días 16 e 17 de outubro ten lugar a 2ª parte do curso “Aprendamos a amar” na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago de Compostela. O venres 16 de 5 a 9 da tarde e o sábado de 10 a 14:30h e de 16 a 19:30h

Os temas son os seguintes:

  • Desenvolvemento psicosexual: adolescencia

  • Da atracción ao amor como tarefa

  • Taller “Traballamos coa música”

  • A arte de aproximarse ao outro e relacionarse

  • Embarazos

  • Enfermidades de transmisión sexual

Nieves González e Begoña Ruiz, da Fundación Desarrollo y Persona, son as encargadas de impartir este Curso de monitores de educación afectivo-sexual, organizado conxuntamente co Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo e as delegacións de mocidade das 5 dioceses galegas.

Acollida a peregrinos en Portomarín

acollida a peregrinos en Portomarín grupo de Madrid

O domingo 19 a mediodía conclúe unha actividade que varias delegacións de xuventude organizan desde o domingo anterior en Portomarín. Trátase de que xoves de Lugo e A Coruña, tras rezar laudes, e preparar os distintos servizos (Acollida salvaxe, Acollida entrada, Intercesión, Cociña e limpeza) reciben aos peregrinos que van chegando e invitándoos aos actos que programa a Igrexa:

– bendición no templo ás 13.30 h

– Encontro Musical vespertino

– sacramento da reconciliación

– Misa ás 20h.

A %d blogueros les gusta esto: