Xornada da Familia e Inauguración do COF Diocesano

Inauguración del COF Diocesano

O 23 de febreiro de 2013 tivo lugar unha Xornada adicada á Familia baixo o título: “A familia, porta e pilar da fe”. Comezou ás dez da mañá cunha oración e presentación dado día.  Ás 10.15, Nieves González Rico,  foi a encargada da primeira ponencia:  “Os COF como promotores dos bens fundamentais”. Ás 11.30  entregáronse os premios do concurso do logotipo e fíxose un descanso. Mons. Sánchez Monge , bispo de Mondoñedo-Ferrol, ás 12.00, fíxose cargo da  segunda ponencia: “Aportacións da Pastoral Familiar á vida Cristiana”.

Ás 13h. Rematou a Xornada da Familia cun acto institucional no que se  inaugurou o COF. Interviron: o Bispo, Alfonso Carrasco Rouco, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo,  a Xefa Territorial da Consellería de Benestar Social e Traballo, Marta Barreiro, o Delegado diocesano de Familia, Rodrigo Rúa, e o Director do COF,  Martiño Rodríguez.

Deixa un comentario

%d bloggers like this: