D. Alfonso Carrasco Rouco presenta a Xornada de Formación para Servicios Relixiosos hospitalarios

Cada ano xúntanse en Santiago os capeláns de hospitais e residencias e persoas colaboradoras coa idea de ter un tempo para compartir e formarse. No ano 2012 é o 30 de xaneiro, na casa de exercicios de Santiago (zona campus sur).

O Sr. Bispo D. Alfonso Carrasco Rouco, responsable da pastoral da saúde de Galicia, fará a presentación da Xornada.

Tamén estará D. Rudesindo Delgado, sacerdote, delegado de pastoral da saúde, e consiliario de PROSAC. Falará da Dimensión sanante dos sacramentos, especialmente da Unción dos enfermos.

Encontros prematrimoniais en Lalín

A primeira actividade formativa deste ano para novos matrimonios é na Parroquia Nosa Sra. das Dores de Lalín os días 30 e 31 xaneiro e 1, 2 e 3 febreiro. A hora de inicio é as 20:30h. Do 16 ó 20 de abril e do 7 ao 12 de maio haberá novos encontros.

Máis infomación: Na parroquia

Na Delegación Diocesana de Pastoral Familiar (Praza de Santa María, 1)

www.delegacionfamilialugo.blogspot.com

Celebración do Día Escolar pola Paz

Os centros relixiosos de ensino concertado de Lugo celebraron conxuntamente o Día escolar pola paz no pavillón de deportes do Seminario.

Foi o día 26 entre as 12 e as 13 horas com participación de alumnos e alumnas de 6º de Primaria, 1º e 2º da ESO. O acto pola paz deste ano estivo ambientado nos xogos olímpicos, traballando a paz desde o deporte e fomentando unha competitividade sá e ben entendida.

O acto consistiu nunha serie de competicións entre equipos formados por alumnos e alumnas de tódolos colexios convocados. Cada xogo ou competición aportaba un elemento que pasaba a formar parte dun símbolo construído entre todos os participantes: os 5 aros olímpicos coas letras “PAZ 12” no seu interior.

Dende as gradas, os restos dos representantes dos centros animaron ós “competidores” con pancartas e lemas que alusivos á paz.

%d bloggers like this: