Novos cargos diocesanos e nomeamentos parroquiais

Mons. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo é consciente de que a actual situación da Igrexa Diocesana esixe unha renovación cada vez máis rápida de estruturas e de persoal para unha mellor atención pastoral na Diocese, onde os primeiros beneficiados serán fregueses e fieis de Lugo.

Pódese destacar por iso, en particular, a mocidade das persoas nomeadas para os cargos que agora apuntamos.

Ler máis

637 persoas peregrinan a Lourdes

peregrinación diocesana

A Hospitalidade Diocesana de Lourdes organiza entre os días 1 e 5 de xullo a peregrinación ao santuario francés, na que participan máis de 600 persoas de Viveiro; Chantada – Escairón – Monforte – Poboa de Brollón; A Fonsagrada; Sarria; Monterroso; Rábade e Silleda – Lalín. Serán 12 autobuses 

Peregrinación da mocidade ao Faro

Peregrinación ao Faro

Este ano son dous días, o primeiro o venres 28 en Chantada e seguinte día, o sábado 29 é a peregrinación.

O horario de todo o programado é o seguinte:

Venres 28 pola tarde

  • Ás 7: acollida no pavillón de Chantada.

  • De 7 a 8: distribución por grupos.

  • Ás 9: cea.

  • Ás 10: musical Todo va a cambiar

  • Ás 11:30: entra o Santísimo e oración.

Sábado 29

  • Ás 10 e cuarto, exposición do tema: O sentido da túa vida e unha hora máis tarde, reunión por grupos.

  • Ás 12 será a saída en autobús para a explanada na que, media hora despois, comezará a peregrinación ao Faro.

  • Ás 2 chégase ao Faro e saúdase á Virxe.

  • Pola tarde, trala comida, ás 3 e media empeza a velada e acto seguido concerto, testemuño, confesións.

  • Ás 5 e media, tempo libre e prepárase a Misa, que será ás 6.

  • E o final está previsto para as 7 e media.

A %d blogueros les gusta esto: