Proxecto téxtil entre Cáritas Lugo e Insertega

O luns 7 de febreiro, Cáritas Diocesana de Lugo e Insertega asinan un convenio de colaboración, que pon en marcha o novo Proxecto Téxtil. O acto foi na sede de Caritas Diocesana de Lugo sita na Avda. Américas 93-97. Participaron o Director de Cáritas Diocesana de Lugo, Ginés F. Plaza Fernández, e o Presidente de Insertega, Juan Carlos Meijide Fernández.

Insertega é unha empresa galega dedicada en exclusiva á xestión do residuo téxtil que está orientada por uns principios éticos e potencia a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos.

Obxectivos: reducir o consumo de recursos naturais, reutilizar as prendas que estean en bo estado e reciclar os residuos para minimizar o impacto sobre o medio ambiente.

Convenio de colaboración entre o Centro de Orientación Familiar Diocesano e Cáritas

O 9 de abril tivo lugar, nas instalacións de Cáritas Diocesana de Lugo, a firma dun convenio de colaboración entre Cáritas e o Centro de Orientación Familiar ( COF) Diocesano de Lugo. O convenio foi asinado polo director do COF Nicolás Susena Presas, párroco de Castroverde e profesor, e por Ginés F. Plaza, director de Cáritas Diocesana de Lugo.

Ante a situación que atravesan moitas familias da Diocese de Lugo, as dúas entidades teñen a vontade de cooperar e colaborar en proxectos conxuntos a fin de promover unhas mellores condicións de vida a través da intervención e acompañamento dos colectivos máis desfavorecidos da comunidade.

Fonte: Cáritas

Presentación dunha nova credencial para peregrinos polo Camiño Primitivo

Prsentación de la credencial de Lugo

O día 19 ás 12h presentouse a credencial do Camiño Primitivo desde Lugo, cidade do Sacramento, a Santiago, cidade do Apóstolo.

A iniciativa propón aos peregrinos iniciar o Camiño Primitivo de Santiago na cidade de Lugo, xa que é a primeira na que se cumpren os 100 quilómetros a pé requiridos para obter a compostela.

Tamén se incide na personalidade e importancia de que Lugo sexa a cidade do Sacramento, coa Exposición Permanente da Sagrada Forma como centro da vida espiritual da cidade.

Ademais, a recadación íntegra da venda de credenciais será destinada a Cáritas de Lugo.

Asistentes ao acto de presentación da nova credencial:

  • Mario Vázquez, Deán da Catedral e Vigairo Xeral da Diocese.

  • Francisco Moreiras, Dtor. do Secretariado de Camiños de Santiago da Diocese.

  • Juan M. Pardo Valdés (Chencho Pardo), artista e autor da credencial.

  • Miguel Ángel Cabana, delegado de La Voz de Galicia en Lugo.

  • Luis Latorre Real, Pte. da Asociación de Empresarios Lugo Monumental.

Cáritas Lugo recoñece o apoio de empresarios e deportistas

O luns, 12 de xaneiro, ás 12 h na sé de Cáritas en Avda. Américas 93-97, o director de Cáritas diocesana de Lugo, Ginés Plaza, fará entrega da figura conmemorativa dos 50 anos de Cáritas a representantes das asociacións de empresarios e de clubs deportivos. Con motivo do seu 50 aniversario, Cáritas diocesana de Lugo quere agradecerlles, como fixo con outros colectivos, a súa colaboración, axuda e solidariedade coas persoas máis desfavorecidas da nosa sociedade.

Recoñecemento de Cáritas ao labor dos medios de comunicación

Cáritas y los medios de LugoO 6 de novembro, ás 12 h na sé de Cáritas diocesana de Lugo (Avda. Américas 93-97), o director da institución, Ginés Plaza, fixo entrega da figura conmemorativa dos 50 anos de Cáritas a representantes de medios de comunicación de Lugo cidade. El Progreso, Radio Galega e TVG Lugo, SER, Cope Lugo, Radio Nacional y TVE, Onda Cero Lugo, La Voz de Galicia e a Delegación de Medios del Obispado de Lugo

Con motivo do seu 50 aniversario, Cáritas diocesana de Lugo quere agradecer a encomiable colaboración no labor de axuda e solidariedade coas persoas máis desfavorecidas da nosa sociedade. O desexo de Cáritas sería recoñecer persoalmente a cada un dos traballadores dos medios. Ante a imposibilidade de facelo así, organízase un sinxelo acto que reúne a uns poucos pero é desexo de Cáritas que todos se consideren incluídos.

A %d blogueros les gusta esto: