Reunión de guías das igrexas do Camiño en Portomarín

_DSC0003.JPG
Os sacerdotes e guías das igrexas do Camiño de Santiago na Diocese de Lugo reuníronse en Portomarín o pasado día 30 de setembro. Foi unha xuntanza de fin de tempada, ao rematar o período de colaboración destas pesoas nas súas tarefas informativas.

Ler máis

Celebrar a San Froilán. Tempo de preparación

S Froilán igrexa de S Froilán

Sabemos ben que o tempo que dedicamos a preparar calquera evento ou proba da nosa vida é fundamental. Sen preparación non hai un bo resultado final. Pasa así tanto cos exames como coas festas, e, de feito, investimos moito máis tempo na preparación que no desenvolvemento do acontecemento en si. Pois o día da festa pasa voando.

O Ano Litúrxico tamén nos ofrece dous grandes tempos de preparación: Advento e Coresma para celebrar o Nadal e a Pascua, as dúas grandes festas dos cristiáns. Pero tamén nos preparamos para outras festas “máis pequenas”.

Por outra banda, os tempos de preparación adoitan ser difíciles e pouco agradecidos. Supoñen esforzo, estrés, incerteza polo resultado, cansazo, etc para ter todo a punto e gozar da festa cos demais.

A festa de San Froilán, patrono de Lugo e da parroquia de Lugo que ten esa advocación, está xa próxima e hai que empezar a prepararse. Hai que recoñecer que se fala moito das festas de San Froilán, pero iso non implica que entre os lucenses haxa moita devoción a este santo que foi paisano noso. É certo que San Froilán naceu en Lugo, pero non foi aquí onde predicou, senón en León, e é alí onde si é un santo querido e venerado.

Aos de cerca e coñecidos sempre é máis doado pedirlles algo cando o necesitamos. San Froilán é de cerca e dos nosos, un lucense. Poñámolo tamén de intercesor das nosas oracións e necesidades. Seguro que algo de recomendación fainos.

Termino o comentario de hoxe recordando a emoción que sentín, cando fai algo máis de ano, bauticei a un Froilán na parroquia.

San Froilán, roga por nós.

 

Miguel Ángel Álvarez

O valor da Eucaristía dominical

Aos 8 días da resurrección, o primeiro día da semana, cando estaban os discípulos reunidos, Xesucristo faise presente outra vez no medio deles para bendicir e partir o pan.

Hai moitas cousas que intentamos facer cada 8 días, aínda que non sempre o conseguimos, ás veces fallamos.

Pero hai algo que se leva facendo case 2000 anos sen interrupción: a Eucaristía dominical. Desde aquel momento que cambiou o rumbo da historia e da metahistoria coa resurrección de Xesucristo, cada 8 días repetimos o memorial do seu misterio pascual.

Unha única Eucaristía da que facemos actualización e memorial. Con variación de detalles segundo lugares e circunstancias, pero sempre a única e mesma Eucaristía que instituíu Xesucristo coa súa vida, toda ela salvífica.

Aínda que non sempre conseguimos facer interesante ou atractiva a Misa, non debemos desanimarnos ou facer que nos pase desapercibido o esencial da Eucaristía e, polo tanto, que non recibamos todos os seus beneficios.

Miguel Ángel Álvarez

Inauguración solemne do curso no Seminario Diocesano

roberto_pedrouzo_regueiro

O venres 26 de setembro será a inauguración solemne do curso 2014 – 2015 no Seminario Diocesano.

Ás 17:00 h. haberá a Eucaristía votiva do Espírito Santo na Capela Maior. Preside o Sr. Bispo D. Alfonso Carrasco Rouco. A continuación, na Aula Magna, terá lugar o Acto Académico de Apertura do Curso, consistente na lectura da Memoria do curso 2012-13, na entrega das Excelencias Académicas e na Lección Inaugural. Esta corre a cargo do profesor de Educación Física Roberto Pedrouzo Regueiro (foto superior) e a súa intervención leva como título “Relixión e deporte”.

Ao remate dos actos, os seminaristas van ás súas casas para a fin de semana.

O luns 29 de setembro ás 9:45 h. incorpóranse tódolos seminaristas para as clases.

Actos en torno ao día da Mercé

Expo Fontiñas

Con motivo da festividade de Nosa Sra. da Mercé, patroa das prisións, hai programados unha serie de actos. 

O 24 de setembro, o propio día da Mercé, celébranse misas solemnes nas prisións de Bonxe e Monterroso. O Bispo da Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presidirá a Misa no Centro Penitenciario de Bonxe ás 10.30 h. 

Desde o pasado día 19 e ata o día 29: Exposición de traballos artesanais elaborados por presos e paneis sobre o labor da pastoral penal no centro parroquial de Nosa Señora das Fontiñas, na avenida das Fontiñas, Lugo (foto superior).

Os días 22 e 23 charlas no salón de actos da prisión de Bonxe, a cargo do prior do convento de Samos, José Luís Vélez (día 22), e do seminarista Miguel Angel Pardo Aldegunde (día 23). A temática é o Camiño de Santiago.

A %d blogueros les gusta esto: