Presentación das actividades da Xornada Mundial da Xuventude

O 19 de xullo, no Salón de actos do Seminario, o Delegado de Mocidade, Marcos Torres, e a coordinadora dos Días na Diocese, Ana Sureda, presentaron os actos, os colaboradores e as novidades relacionadas coa Xornada Mundial da Xuventude.

Nos días previos, uns 1000 xoves (norteamericanos, brasileños, venezolanos, australianos, irlandeses, arxentinos, italianos…) pasarán pola Diocese. Os grupos con máis participantes estarán aloxados en pavillóns e albergues públicos e privados; os menos numerosos repartiranse por casas particulares e congregacións. Segundo Ana Sureda, “trátase de que vivan uns días entre nós, coñecendo o que somos e o que temos”. Tamén explicou que estas acitividades en Lugo son posibles grazas a que hai moitos e moi bos colaboradores. Así, por exemplo, xa son 25 as familias acolledoras, hai voluntarios xoves e maiores, as institucións (Concello, Xunta, Subdelegación do Goberno) mostraron interese e a duquesa de Lugo é madriña de honor dos actos.

Marcos Torres sinalou que a participación de Lugo na Xornada Mundial da Xuventude leva preparándose un ano, con visitas a grupos de xoves das parroquias. Uns 200 xoves, sobre todo das cidades de Lugo e Lalín, uniranse aos 2,5 millóns que acompañarán ao Papa nun encontro histórico aberto a crentes e non crentes. Ademais, Marcos Torres, informou que os participantes pola Diocese de Lugo levarán unha camiseta, cunha referencia especial á Eucaristía e á mocidade, que elabora o deseñador lalinense Florentino.

Celebración da Virxe do Carme na cidade de Lugo

A Confraría da Santísima Virxe do Carme de Lugo organizou un ano máis entre os días 8 ao 16 de xullo de 2011 na Capela do Carme, a Novena á Santísima Virxe do Carme. Nesta ocasión contouse como orador sagrado co P. D. David Varela Vázquez, Formador do Seminario e Profesor do Instituto Teolóxico Lucense.

O día 16 celebráronse misas cada media hora até as 11 da mañá. Unha hora despois foi a Misa Solemne, quedando exposto o Santísimo.

Ás 7:30 da tarde: Eucaristía, novena e procesión coa imaxe da Santísima Virxe do Carme portada aos ombreiros por devotos confrades. Ao termo da mesma, imposición do escapulario a novos confrades.

Campamento urbano de Cáritas

O Departamento de Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo organiza un campamento para nenos e nenas con ganas de xogar e de imaxinar, de coñecer novos amigos e amigas e pasar uns días inesquecibles. Este XVII Campamento Urbano será do 18 ó 29 de xullo

Unha actividade en Lugo e para Lugo, co fin de coñecer a cidade.

É unha proposta aberta á participación de tódolos cidadans que así o desexen.

Totalmente gratuito.

Destinatarios: Nenos e nenas entre 8 e 12 anos.

Horario: é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Localización: Colexio María Auxiliadora

Carácter educativo das actividades. Xogos, obradoiros, excursións, deporte, acampada, festa…

Centro de interese: “Aventura musical”

Colocación dunha cruz na igrexa de San Francisco Xavier

Tras unha viaxe a Roma dos fregueses da parroquia de San Francisco Javier, celebrando os cincuenta anos de existencia, agora procedeuse a colocar unha cruz. En realidade, era algo que xa estaba planificado desde había tempo e coincide a execución da obra co cincuentenario. A cruz colocouse no máis alto dos picos deste templo lucense. É unha cruz de dous metros de alto, con pedra e forxa, como na porta de entrada. De feito, o autor é o mesmo.

Valoración feita pola Conferencia Episcopal Española do Proxecto de Lei Reguladora dos Dereitos da Persoa ante o Proceso Final da Vida

 

1. O Proxecto pretende dar expresión a un novo enfoque legal que supere un enfoque asistencialista e dea paso a outro baseado no recoñecemento dos dereitos da persoa no contexto das novas situacións creadas polos avances da medicina. Pero non o consegue.

2. Non logra garantir, como desexa, a dignidade e os dereitos das persoas no proceso do final da súa vida temporal, senón que deixa portas abertas á legalización de condutas eutanásicas, que lesionarían gravemente os dereitos da persoa a que a súa dignidade e a súa vida sexan respectadas.

3. O erróneo tratamento do dereito fundamental de liberdade relixiosa supón un retroceso respecto da lexislación vixente.

4. Nin sequera alúdese ao dereito á obxección de conciencia, que debería recoñecerse e garantirse ao persoal sanitario.

5. A indefinición e a ambigüidade das formulacións lastran o Proxecto no seu conxunto, de modo que, de ser aprobado, conduciría a unha situación na que os dereitos da persoa no campo do que se trata estarían peor tutelados que coa lexislación actual.

Texto íntegro:

http://www.conferenciaepiscopal.es/images/stories/comisiones/permanente/2011eutanasia.pdf

%d bloggers like this: