Algúns actos do Venres Santo na Diocese

SarriaÁs 20.00 horas, Procesión do Santo Enterro.

Lalín. Ás 11.00 horas Vía Crucis; ás 19.30 horas Procesión do Santo Enterro.

Lugo

  • 12h – Sermón das 7 palabras, na Catedral polo cóengo César Carnero. Intervén o grupo musical Resonet, dirixido por Fernando Reyes, interpretando varias composicións de Tomás Luis de Vitoria.

  • 18h – Memoria da Paixón do Señor. Preside o Bispo.

  • 20h – Procesión do Santo Enterro

  • 23h – Procesión da Virxe da Soidade “As Caladiñas”

Silleda (Santa Baia)

Venres Santo ás 19 h memoria da Paixón e ás 20h procesión do Cristo e a Virxe Dolorosa

Monforte. A Confraría de Montserrat organiza a procesión do Ecce Homo e a Dolorosa.

Chantada Confrades de Xesús Nazareno e da Virxe das Dores organizan a procesión.

Meira Ás 21:30, procesión do Santo Encontro.

San Clodio. Ás 12h Encontro no silencio; ás 18h Escenificación da Paixón e oficios do Venres Santo; ás 22h Procesión do Santo Cristo e da Dolorosa.

O grupo de Mans Unidas de San Clodio e Quiroga expón e vende traballos realizados durante todo o ano. O diñeiro recadado destínase a Mans Unidas e a “Escolas da terra”. Faise na Biblioteca Municipal o Venres Santos co seguinte horario: mañás de 10 a 13 h e tardes de 16 a 20h.

Actos de Xoves Santo na Diocese

Algúns dos actos do Xoves Santo son os seguintes:

Sarria

Adoración Nocturna na igrexa de Santa Mariña, aberta ao público toda a noite desde as 20 h. Ás 21 h, na igrexa de Nosa Señora do Rosario celebrarase a Hora Santa, e ás 10.30 horas é a Procesión do Silencio, desde o Convento até Santa Mariña, coa imaxe de Xesús Cativo da Mercé.

Lalín ás 23 h Adoración Nocturna e Hora Santa a medianoite.

Lugo

  • 18h – Misa da Cea do Señor, preside o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco

  • 19.30h Procesión da Última Cea. (Desde hai 50 anos está vixente o privilexio de trasladar procesionalmente a Sagrada Forma polas rúas da cidade).

  • 21:30 Vixilia xeral da Adoración Nocturna na Catedral.

  • 13:30h Procesión do Cristo Resucitado.

Silleda (Santa Baia) ás 19h Cea do Señor e ás 22h Hora Santa.

Santuario O Corpiño Celebración da Misa da Cea do Señor, ás 6 da tarde.

Actividades da Asociación Xuvenil Ateibo para nenos durante a Semana Santa

mañas_semana_santa_

Durante estes días hai unha serie de actividades no colexio Divina Pastora de Lugo para nenos e nenas menores de 12 anos que teñen así a posibilidade de  ocupar as mañás da Semana Santa con outro tipo de actividades: obradoiros, deportes, animación á lectura, cogos, saídas. Son os días 25, 26 , 27 de marzo e 1 de abril. Organiza a Asociación Xuvenil Ateibo.

Cúmprense 60 anos da primeira procesión da Virxe da Esperanza

Confraría Virxe da Esperanza

A primeira procesión da Virxe da Esperanza saíu o 30 de marzo de 1953. O luns 25 de marzo de 2013 sae a procesión da igrexa da Nova ás 20:30.

Na actualidade hai uns 600 confrades (desde 1986 tamén mulleres) e na procesión do Luns Santo adoitan asistir entre 200/250. No Círculo das Artes faise unha parada para ler unha oración, que cada ano se encarga a unha persoa voluntaria.

No ano 2005 encargouse o paso da Oración de Xesús no Horto ao imaxineiro zamorano, Ricardo Flecha. A imaxe de Xesús está durante o ano no altar da Igrexa da Nosa Señora das Fontiñas. Este ano restaurouse o retablo que ocupa a Virxe no templo da Nova.

Actualmente a Virxe introdúcese na igrexa aos acordes da marcha “Virxe da Esperanza”, composta por un músico da banda do Terzo Norte.

I Xornada de Formación Cofrade

Acto confrarías Semana Santa Lugo

O 21 de marzo tivo lugar a I Xornada de Formación Cofrade, que contou coa intervención do Bispo de Lugo. Mons. Alfonso Carrasco falou de catro dimensións das confrarías de Semana Santa: 1) dimensión eclesial, pois os confrades son introducidos na plenitude da vida da Igrexa; 2) as confrarías contemplan a Paixón e morte de Cristo, figura pola que as confrarías teñen unha sensibilidade especial contemplando o camiño que fai humanamente, 3) dimensión penitencial, e nisto as confrarías falan da posibilidade de renovar a vida grazas ao Redentor e 4) presenza pública da Igrexa, en canto que o testemuño das confrarías é saudable non só e fundamentalmente para a fe senón tamén para a vida democrática.


%d bloggers like this: