VIII Congreso de Educadores Católicos

O 5 de maio terá lugar no Seminario Diocesano a oitava edición do Congreso de Educadores Católicos, que organizan as Delegacións Diocesanas de Ensino e de Pastoral Universitaria, co seguinte programa:

10h Carlos Ortíz Sanchidrián: A Tradición no ensino católico. Unha aproximación pedagóxica

11h ——————— : O Maxisterio eclesial na escola actual. Perspectiva didáctica

12:30 h ————— : Home e muller os creou. Derivadas práxicas no eido escolar

13:30h Gregorio Ludri Medrano: Identidade do educador católico no ensino público. Eixos pedagóxico-didácticos

16h Juan Bautista Sánchez López: Ensino mercedario, medio século de testemuña pedagóxica na Diocese

18:15h Gregorio Ludri Medrano: Misión do educador católico no ensino público. Ensinar aprendendo, aprender ensinando

Xubileu mercedario

Abriuse unha porta xubilar na igrexa conventual mercedaria de Sarria.

A Orde da Mercé está de festa en Sarria, no mundo. Non é doado desprazarse aos anos 1218 e sentir a inseguridade dos nosos antergos ante as guerras de relixión. O Islam pisara forte na nosa patria e o cativerio nos baños de Argel era o centro comercial do Mediterráneo.

Aos homes de fe non hai quen os deteña ante a dor e maltrato dos seus irmáns.

Un deles, se oe o berro e a falta de liberdade dos cristiáns, e a ameaza de claudicar da súa fe, na oración sente a petición de Cristo: “ninguén ama de verdade aos seus irmáns se non dá a vida por eles”.

Preséntase un mozo -dos mozos é o risco- Pedro Nolasco que se compromete cun voto de “dar a vida para rescatar a unha persoa que estea en risco de perder a fe”. Mercé significa, para aqueles mercedarios, entrega da vida para dar vida ao privado de liberdade.

Son 800 anos (1218-2018) dunha historia de amor, que merece a pena sumarse ao xúbilo da familia mercedaria nas súas ramas de monxas, relixiosas, terciarios, confrades, simpatizantes, benefactores, agradecidos á súa entrega caritativa e social…

Se nos preguntamos: que foi dese “voto de sangue” cando a catividade desapareceu? Cambiaron os tempos e as catividades durante 800 anos transfórmanse noutras inseguridades. A mercé apuntouse cos primeiros traballadores que miraron ao novo mundo; a pegada da Mercé é palpable en América coas súas limitacións; (a Mercé nunca foi numerosa en frades). Hoxe ofrecemos proximidade aos privados de liberdade, aos refuxiados e desprazados, á catequese e acompañamento na fe e desenvolvemento en países de África e Asia.

Fai 50 anos, vista a necesidade dun colexio para nenos, abrimos o COLEXIO DA MERCÉ. Oíronse as peticións do pobo. Certo que durante máis de 100 anos ofrecéronse clases de axuda a alumnos que o pedían, para oposicións.

Apoiouse aos fillos de emigrantes nos anos 60 e 70 non só cos estudos senón co internado. Celebramos que hoxe se poida seguir prestando apoio aos pais na formación dos seus fillos e fillas. Celebremos que entre a variedade de centros de ensino intensifíquese a colaboración

Neste colexio, como en todos, formáronse os que hoxe e fai anos son homes de letras, ciencias, gobernantes, educadores, labradores, misioneiros, sacerdotes…

Grazas aos profesores e traballadores do colexio.

Moitos dos presentes nos primeiros anos xa descansan no Señor. Grazas aos alumnos que seguen próximos, lembramos aos que nos deixaron moi axiña e descansan preto do seu colexio.

Frei José Estévez- mercedario

Próximos xubileus no Santuario do Corpiño

Ademais do Xubileu de catequistas do día 28, o domingo 29 de abril ás 12 horas terá lugar no Santuario do Corpiño o Xubileu dos enfermos e do persoal sanitario. Haberá a Unción de todos os enfermos individualmente, a bendición especial das persoas que se dediquen á sanidade e do material e instrumental sanitario que porten.

O martes 1 de maio será o Xubileu dos oficios e traballos artesanais e tamén se celebra o comezo do mes de María. Hai misas desde as 9 da mañá, procesión trala Eucaristía das 12 e misas pola tarde a partir das 5.

Asemblea-Xubileu de catequese no Santuario do Corpiño

A Asemblea-Xubileu dos catequistas da Diocese de Lugo o 28 de abril, no Ano Santo Mariano, no Santuario do Corpiño, será un encontro con María, modelo de catequistas.

Itinerario do encontro:

10´30 – Camiño dos Pastorciños- Peregrinos con María – Xubileu

11´00 – Palabras do Sr. Bispo (Charla)

11´45 – Dinámica de grupo (motivos para ser espellos)

13´00 – Celebracion da Eucaristía

14´00 – Comida

16´00 – Excursión

Para os catequistas de Lugo, sairá un autobús do Seminario ás 9,15h

Xubileu das amas de casa e as súas asociacións

O domingo, 22 de abril, celebrouse no Santuario do Corpiño o Xubileu das amas de casa e as súas asociacións.

Se co Ano Santo o número de devotos aumentou considerablemente, o bo tempo fixo que o Santuario quedase pequeno para acoller o gran número de fieis.

Ás 11:00 h saían do Santuario un grupo de 50 peregrinos procedentes de Burgos e outro de Ribadavia (Ourense), acompañados por voluntarios e o Reitor do Santuario, cara á igrexa parroquial de San Pedro de Losón, para realizar o Camiño dos pastorciños. Durante o percorrido Don José Criado tivo ocasión de saber dunha curación milagrosa a un neno que a Benaventurada Virxe María do Corpiño realizou fai máis de 30 anos, feito que se recollerá nun libro sobre os milagres que a Santísima Virxe realizou.

Sobre as 11:50 h o Reitor do Santuario impartía a bendición aos devotos na Carballeira do Santuario, coincidindo coa chegada dos peregrinos que realizaban o Camiño dos pastorciños e iniciábase a procesión cara á Porta Santa.

Ás 12:00 h, comezaba a Eucaristía, que nesta ocasión contou co coro de Francelos (Ribadavia). Ao finalizar impartiuse a bendición a todos os presentes.

A %d blogueros les gusta esto: