III Congreso de Educadores Católicos

III Congreso de Educadores Católicos Lugo

O Congreso, baixo o título “Damos fe” será o 4 de maio de 2013 no Gran Hotel Lugo entre as 10h e as 17h. Intervirán o filósofo Xosé Manuel Domínguez Prieto (O profesor cristián: identidade e misión) e as seguintes persoas, que falarán das súas experiencias educativas:

o provincial dos Escolapios, Daniel Hallado;

o inspector de ensino Federico Pérez Morán;

a irmá Saleta, Obreira de Xesús (colexio en Ferreirúa);

Ana Azevedo e Daniel Faílde ( Facultade de Veterinaria).

 

Peregrinacións á Catedral dos arciprestados de Chantada e Sarria

O sábado 27 de abril os fregueses do arciprestado de Chantada peregrinaron ata a Catedral de Lugo.

E o día seguinte o vindeiro domingo, foron os fregueses do arciprestado de Sarria os que se dirixiron ata a sé da Diocese. Os actos comezaron ás catro e media da tarde do domingo. Tras unha visita guiada de 45 minutos pola basílica, houbo unha celebración do perdón e unha Eucaristía ás seis da tarde.

Mercados solidarios: Mans Unidas e Artenova

Ata o 15 de maio de 2013, a Delegación de Mans Unidas – Lugo instala o seu mercado solidario na rúa San Marcos nº 1 baixo (antigo local de ultramarinos A Sucursal), e o horario de atención ao público é o seguinte:

  • de luns a venres laborables: de 11 h. a 13:30  e de 17 h. a 20:30 h.
  • sábados: de 11 h. a 13:30

 O recadado destínase a tres proxectos que financia este ano Mans Unidas da Diocese de Lugo en Mauritania, Ghana e Uganda.

Artenova. A apertura da exposición e venda dos artigos de artesanía e produtos ecolóxicos é o día 27 de abril, na antiga Sancristía da parroquia de Santiago A Nova. A recadación será para Cáritas. Está a recibirse moita colaboración pero ao ser tantas as necesidades é preciso acudir ao desprendemento de cada persoa, para que, un ano máis, a axuda sexa concorde coas necesidades que todos coñecemos.

Desde a organización agradécese a cantas persoas están a traballar a este fin. 

Asemblea de catequistas da Diocese de Lugo

No último trimestre do curso a Delegación de Catequese convoca a asemblea de catequistas, que se celebrará en Lugo o sábado 27 de abril no salón de actos do Seminario Diocesano.

Neste ano profundízase na mensaxe do Papa Francisco a través dos seus escritos como cardeal Bergoglio acerca da catequese e a educación na fe.

O programa é o seguinte:

10,30h Acollida

11 h Oración e presentación do tema. Reflexións sobre a catequese e a educación na fe do cardeal Bergoglio (Papa Francisco)

12h Diálogo e descanso

12,30h  Eucaristía presidida polo Sr. Bispo

14h Comida

15h Proxección de “Érase una fe”

16,30h Xesto de envío

Mesa redonda sobre as vocacións e vixilia de oración no Seminario

vocaciones_vigilia

Despois de celebrarse o día 21 a Xornada de Oración polas Vocacións, o domingo 28 é a Xornada das Vocacións nativas. Por iso xurdiu unha iniciativa conxunta das Delegacións de Misións e Pastoral Vocacional para o venres 26 de abril ás 18 h. no Seminario. Ese día haberá unha mesa redonda sobre o lema: As vocacións, signo de esperanza. Un matrimonio, un sacerdote diocesano, un sacerdote africano e unha relixiosa de San Vicente de Paúl compartirán a súa experiencia vocacional e debaterán sobre o futuro das vocacións.

Tras o debate, hai unha vixilia de oración.

%d bloggers like this: