O martes 9 de maio ás 20:30 h o grupo musical Concentus Lucensis dá un concerto na Catedral baixo o título “De beata Maria Virgine”. Intercálanse pezas de F. G. Haendel e unha de Vivaldi cantadas polo devandito grupo coral e interpretacións que o organista Giulio Mercati fai do compositor Dietrich Buxtehude.
música
A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova interpreta “Stabat Mater” de Haydn
O sábado 1 de abril ás 18:30 h na Catedral a Xove Orquestra de Lugo Terra Nova interpretará “Stabat Mater” de F. J. Haydn e o domingo 2 de abril na igrexa de San Pedro de Lugo ás 20 h. A dirección musical corre a cargo de Nicolás Ravelli Barreiro. Ademais de membros do Coro Xove de Lugo, tamén intervirán membros do Coro Colexio Fingoi, Cantar Delas, Sólo Voces e Coro do Hospital de Lugo. Actuarán 3 sopranos solistas: Paloma Suanzes, Elsa Roldán e Emilia Pérez, dúas MezzoSopranos: Carolina Bardas e Andrea Rey Gil e como voces solistas masculinas: Luis Barrios, Lucas López e Pablo Nieves
Concerto de “Concentus Lucensis” na Catedral
O mércores 1 de marzo ás 21h na Catedral de Santa María o grupo musical Concentus Lucensis dá un concerto con música de Johannes Brahms…
Concentus Lucensis está integrado por Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor), Marcos Mosquera e Antón Castro (baixos). Estarán acompañados por Nicolás Varela, ao órgano positivo; Cristina Nogueira, ao violoncelo e Giulio Mercati, nos grandes órganos da Catedral.
No programa do 1 de marzo inclúense sobre todo obras de Johannes Brahms pero tamén de Francisco Guerrero, Tomás Luís de Vitoria, Giovanni Croce, Jacob Handl, entre otros compositores.
Concentus Lucensis é un grupo vocal nacido dos fecundos encontros artísticos que teñen lugar durante as edicións do Festival organístico e do Curso de música litúrxica do Corpus Christi de Lugo. Os seus compoñentes son os mestres e solistas principais do coro lucense Solo Voces, do Orpheón Lucense e do Gruppo vocale S. Bernardo, que desenvolve a súa actividade principal entre Saronno (Italia) e Lugano (Suíza). Concentus Lucensis canta principalmente a partes reais, é dicir, cunha soa persoa para cada parte, abordando un repertorio vasto, cunha predilección particular pola polifonía renacentista.
O Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia actúa na Catedral
O venres 9 de decembro ás 20:30 h actuará na Catedral de Lugo o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixido por Javier Fajardo Pérez-Sindín. O programa chámase ‘Son imprescindibles’, e mostrará parte da música coral galega máis representativa dos últimos 125 anos. Inclúese a Misa solemne na honra ao Apóstolo Santiago composta por Xoán Montes. Na segunda parte do concerto, o coro cantará obras de compositores como Joam Trillo, Margarita Viso ou Fernando Buide.
Celebración de Santa Icía
Con motivo da celebración da patroa da música, Santa Icía, a Diocese e a Catedral organizan unha serie de actos na basílica lucense:
O 22 de novembro ás 20.00 h. na Eucaristía solemne Catedral de Lugo intervirán as seguintes agrupacións musicais: Cantar Delas, Conxunto Vocal Lugh, Coral Amigos do Camiño, Coral Ecos do Miño, Coro do Hospital de Lugo, Grupo Vocal Sólo Voces, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes, Schola Gregoriana Lucensis
E o mércores 23 de novembro ás 21 h na Capela do Bo Xesús da Catedral terá lugar un concerto no que actuarán Concentus Lucensis, Coro do Hospital, Orfeón Lucense e Solo Voces na parte coral. E na parte instrumental tamén intervirán os organistas Nicolás Varela e Giulio Mercati.