Do 6 ao 14 de novembro terá lugar a Peregrinación diocesana a Turquía. Quedan unhas cantas prazas libres. Debido á reserva en dous voos internos urxe coñecer o número exacto de prazas antes do 15 de xullo. Despois de dese día a axencia organizadora non pode garantir a reserva de voo. As persoas que estean interesadas deben pasar pola axencia de viaxes da Praza da Soidade, para realizar a pertinente reserva.
Mes: Xuño 2012
Campamento de verán “O oitavo día comeza a nova creación”
Campamento de verán organizado polos Franciscanos
do 1 ao 8 de xullo. Campamento de xoves Louro 2012. Para maiores de 13 anos. Actividades: moitos xogos no campo, na praia, na montaña. Música, deportes, oracións, surf, días temáticos, veladas, concursos, festas, catequese, cursos, penitencias, aventura, e o último día o gran reto franciscano.
Contacto en Lugo: Manuel Fuertes
Programa de Ateibo “Mañás de Verán”
A Asociación Xuvenil Ateibo desexa facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nos tempos de vacacións da infancia. Ademais, con Mañás de Verán preténdese seguir educando en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, favorecer a creatividade infantil, a participación e o traballo en equipo. Tamén é unha maneira de seguir empregando as instalacións de colexio salesiano Divina Pastora de Lugo fóra do calendario escolar.
Destínanse estas actividades ao alumando desde 1º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos, do curso rematado.
Algunhas das actividades que se fan:
- biblioteca e animación á lectura,
- obradoiros,
- piscina,
- deportes, psicomotricidade,
- novas tecnoloxías,
- xogos organizados,
- saídas,
- cine
Ofértanse 50 prazas dúas semanas, podendo asistir, unha ou as dúas.
As datas: 1ª Semana: do 25 ao 29 de Xuño
2ª Semana: do 2 ao 6 de Xullo
O horario: de 10.00 a 13.30 h
Servizo de gardería: haberá servizo de gardería de 9:00-10:00 h e de 13:30-14 h
Para máis información chamar ao novo número telefónico de Ateibo 633674528
Concerto organizado pola Coral do Hospital de Lugo
A Coral do Hospital de Lugo organiza unha gala lírica para o sábado 16 xuño ás 20:00 horas no Círculo das Artes. Co retador título “Dicías… que non che gustaba a ópera?” todos os amantes do bel canto e quen acepte o reto disfrutarán de 14 pezas de ópera, oratorios e cantatas. Os autores destas obras son autores tan coñecidos como Beethoven, Vivaldi, Haendel, Jean-Baptiste Lully, Mozart, Mascagni, Bellini, Puccini, Offenbach, Verdi.
Serán interpretadas pola Orquestra Clásica de Xove dirixida por Xan Carballal e a Coral Polifónica do Hospital de Lugo, dirixida por Fernando G. Jácome. Sopranos: Inés Rouñada, Paloma Suanzes; baixos: Francisco Javier Rodríguez, Julio Méndez Menéndez