Actividades para recadar fondos con destino a Cáritas

navidad_parroquial_-2014

O sábado 13 de decembro ás 19:30h, a parroquia de San Lourenzo de Albeiros organiza unha merenda solidaria, pois o diñeiro recadado destínase a Cáritas.

Na parroquia da Milagrosa tamén hai unha merenda benéfica o 13 de decembro trala Misa das 19:30 h. Na parroquia tamén hai recollida de alimentos para reparto especial de Nadal.

En Meira os dous primeiros domingos de decembro a Confraría Nosa Señora do Pedregal organiza un obradoiro para realizar traballos artesanais que, xunto a máis obxetos, poñeranse a venda o día 21 na Feira de Meira. O que se recade destinarase a Cáritas parroquial.

No Centro Social de Fingoi, Lugo, o día 13 ás 5 da tarde hai un festival solidario organizado pola parroquia de San Francisco Xavier. Durante o mesmo, sortearase unha cesta de Nadal e o recadado coa venda de papeletas será entregado a Cáritas

Exposición sobre a romaxe da Nosa Señora dos Remedios da Ermida

O 28 de outubro ás 19h inaugúrase no Museo Provincial de Lugo a exposición fotográfica sobre a romaxe da Nosa Señora dos Remedios, da Ermida (Quiroga). Ao final do acto inaugural haberá unha degustación de productos típicos de Quiroga.

A mostra estará aberta ata o 16 de novembro co seguinte horario:

Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Comunicado da Rede Galega contra a Trata

 A REDE, con motivo da organización en Lugo o 19 de setembro da III Xornada contra a Trata, quere manifestar a necesidade de traballar nos seguintes puntos:

1. Os avances lexislativos e medidas políticas realizadas entre 2008 e 20131 son claramente insuficientes. Séguense a incumplir compromisos adquiridos por parte do Estado Español na trasposición da Directiva Europea 2011/36/UE relativa á Prevención e Loita contra a Trata de seres Humanos e a Protección das Víctimas de forma completa. Por elo, é necesario a aprobación dunha lei integral contra a trata.

2. Ausencia de perspectiva de xénero e de dereitos humanos: non se toman medidas para evitar a re-victimización das vítimas intervindo dende un enfoque de política migratoria e de seguridade do Estado. Non existe, por tanto, unha abordaxe integral contra a trata nin o recoñecemento específico dun estatuto formal de vítima de trata (acceso a dereitos sociais, sanitarios, laborais, de protección integral, de acceso a xustiza e reparación do dano…) nin tampouco de protección integral e adecuada (siempre dependen da interposición dunha denuncia e da colaboración na investigación policial).

Ler máis

Sensibilización contra a trata de persoas nos escaparates do centro de Lugo

Xornada sensibilización sobre a trata

O 2 de setembro, Cáritas Diocesana de Lugo, Aliad-Ultreia e a asociación Enriqueta Otero realizaron un acto público de sensibilización contra a trata de persoas. Dúas tendas de Lugo, nas rúas Raíña e San Pedro, cederon os seus escaparates para que unha actriz representase ás vítimas de explotación sexual: a súa angustia, impotencia, desolación; mostrando unha última mensaxe: “En Lugo, hai trata de persoas”.

A reacción do público congregado ante a posta en escena que levou a cabo a actriz de Palimoco Teatro, Ángela Beltrán Álvarez, foi filmada para ser mostrada dentro dos actos da III Xornada contra a trata, que terá lugar en Lugo o próximo 19 de setembro na Facultade de Humanidades.

A %d blogueros les gusta esto: