San Evermaro naceu en Frisia e foi peregrino a Santiago de Compostela: “Percorreu o camiño que por Galicia se dirixe a Santiago, cuxa igrexa visitou. Unha vez que presentou ao Apóstolo as súas peticións, encamiñouse á Galia inferior” Acta Sanctorum.
Podería ter vivido durante o reinado de Pipino o Mozo; é dicir, no século VIII, pero isto suporía ir a Galicia antes de que se difundise a noticia do achado do sepulcro do Apóstolo; por tanto, non se podería considerar como unha peregrinación en sentido estrito. Tamén podería ser que vivise durante o reinado doutros membros da dinastía dos Pipinos, como Pipino o eivado, xa no século IX.
A súa Vida probablemente foi escrita entre a segunda metade do século XII e a primeira do XIII, e logo foi reelaborada polo cisterciense de Lieja, Exidio de Orval, sempre no século XIII.
Mentres san Evermaro se encamiñaba cara a Maastricht, en busca do sepulcro de san Servasio. foi asaltado en Russon na rexión de Tongres, en Bélxica e asasinado xunto con sete compañeiros, por Hacco un xefe dos foraxidos que na ruta da peregrinación expoliaban aos peregrinos que atravesaban aquel lugar.
O culto a san Evermaro iniciouse no século X. Actualmente é patrón do arcedianato de Xanten, onde é festexado o día 1 maio. Noutras localidades é lembrado o 15 de xuño.