Novela de Francisco J. Ruiz Aldereguía sobre San Francisco Blanco

O 20 de setembro O Vello Cárcere acolleu a presentación da novela de Francisco J. Ruiz Aldereguía titulada Quid et quomodo, acto organizado por Valín Libros.

“A Francisco Blanco -di Francisco J. Ruiz- aínda non o descubrín como santo, descubrino como personaxe literario, que é o que me serve para guía de contar a súa vida. Cando estudaba cos xesuítas, estes fíxanse en que é un mozo listo, prepárano no colexio de Monterrei. Como é o número 1 da clase mándano a Salamanca que desenvolva os seus estudos. Naquel momento os xesuítas eran a elite dos misioneiros, da Igrexa, unha orde que só tiña uns 50 anos de antigüidade, potente, con moitos recursos, co apoio da nobreza e os reis. Por que Francisco Blanco cambia aos fratelli, aos irmáns menores de San Francisco de Asís? Por iso o título do libro. Quid et quomodo: que e de que modo evanxelizar. Porque houbo dúas posicións. Os xesuítas, coa súa boa preparación, lanzáronse a catequizar ás clases altas, aos nobres xaponeses, que eran moi ricos, mentres que o pobo vivía na miseria. Cando se lles prohibe evanxelizar, nese momento aparecen os franciscanos, que comproban que non houbo unha verdadeira evanxelización.

“Xapón sofre un gran terremoto e os bonzos empezan a dicir que os estranxeiros son os que trouxeron o sismo. Pouco despois chega un galeón. E comeza a persecución.

“Intrigábame o motivo polo que San Francisco Blanco, estudando cos xesuítas, de súpeto, sen dar ningunha explicación, cámbiase aos franciscanos. Esa é a tese do libro. O asunto é a vida de San Francisco Blanco, que marcha a Filipinas, mándano destinado a Xapón e crucifícano aos seis meses de chegar”.

Para documentarse Francisco J. Ruiz Aldereguía recorreu a Micronesian Area Research Center, que na Universidade de Guam reúne material de moitos arquivos de España e Italia sobre ordes relixiosas. “Leo un documento de Francisco Branco, e vexo que era de Tameirón, próximo onde vivo eu, pasada a montaña. E iso permitiume recuperar parte da nosa historia porque un século de estancia de portugueses e españois en Xapón, é moito tempo”.

Stefan Pace. Logros vitais no Camiño de Santiago

Desde o ano 2019 Stefan Giovanni Pace leva percorridos 7600 quilómetros por diferentes rutas xacobeas, atravesando España e Portugal. A primeira ruta (Camiño Francés) non puido completala por problemas de saúde e os médicos acabaron diagnosticándolle un cancro. Suplicou a Deus que lle permitise peregrinar a Compostela, e aínda que foi extenuante facelo Camiño de Santiago, ao final os niveis en sangue melloraron e volveu comer normalmente. A súa relación con Deus volveuse máis íntima. No Camiño, aprendeu a facer fronte ao que tiña e a apreciar o esencial da vida. Puido romper cos anos de axuda necesaria de médicos, familiares, enfermeiras e farmacéuticos, desde a rutina diaria planificada até o máis mínimo detalle debido á súa enfermidade. Aínda que está infinitamente agradecido con estas persoas que o axudan, considerábase unha persoa determinado externamente que non poa levar a súa vida de xeito independente. Pero volveu tomar a súa vida nas súas propias mans.

Pode seguirse unha das súas peregrinacións na conta de Instagram @caminoperlapace

Queima das Fachas en Castelo (Taboada)

 A Queima das fachas é unha festa tradicional con lume que se celebra na primeira semana de setembro en Castelo (Taboada, Lugo), coincidindo coas festas na honra a Santa Maria. A celebración foi merecente dun capítulo do libro Foc que recolle festas tradicionais con lume de nove países. É unha publicación da Asociación Cultural Falla Penya El Mocador. Os autores do capítulo sobre a festa galega son Xavier Viana Álvarez e Manuel Fidalgo Gayoso, que din o seguinte sobre a trascendencia da Queima das Fachas:

A forza ígnea descende lentamente desde o alto de cada facha ata o terra, atraendo a mirada das persoas asistentes. Con todo, a singularidade e significados desta manifestación cultural van máis aló: as xeracións máis vellas transmiten ás máis novas novos valores culturais; algúns símbolos ligados á paisaxe adquiren unha atribución espiritual; as relacións entre os integrantes de cada familia agrándanse nos itinerarios e lugares de confección da facha; o castro despraza por un día o espazo central de Castelo, normalmente situado na contorna do cruceiro, próximo á igrexa; e o sosego durante a Queima reforza os vínculos afectivos entre os veciños. Todas estas características pódense observar desde o inicio dos preparativos, cando florecen os agucios (asphodelus albus), ata que chega ao seu cénit coa Queima das fachas, intre no que empeza unha verbena nos arredores que dura ata moi entrada a madrugada.

                                                  Programa

Domingo 7 de setembro – Queima das Fachas no castro

Gran pulpada e carne ao caldeiro

Actuación do grupo de gaitas “Searas” e do grupo La Noria

Organiza o Concello de Taboada coa colaboración da Deputación e da Xunta

Luns 8 de setembro

Misa SOLEMNE ás 13:30h. PROCESIÓN

SESIÓN VERMÚ, FESTA E VERBENA amenizada polo GRUPO D’KRISS

Martes 9 de setembro

Misa SOLEMNE ás 13:30h. SESIÓN VERMÚ, FESTA E VERBENA co dúo Eclipse

Canción dos peregrinos de Santiago en lingua de oc

 Moitas cancións que repetían os peregrinos para sinalar o seu paso polas cidades estaban construídas sobre o mesmo modelo. Entre as conservadas, presentamos aquí unha do século XIII ou comezos do XIV, É unha das escasas cancións de peregrinos en lingua de oc. O texto foi descuberto e estudado por primeira vez polo abade Four. (Duc de la Salle de Rochemaure (e R. Lavaud): Les troubadours cantaliens, Paris, sen data, n, 524-533)

Somos peregrinos da cidade que se chama Aurillac preto de Jordanne. Deixamos os nosos parentes, as nosas esposas e toda a nosa xente

para ir nun gran grupo ver Santiago de Compostela. Cristo, que pos dereito o que está ao revés, enriquece moito os meus versos!

Da nosa rúa e casa, preto do mosteiro de san Géraud, todos nós fomos á parroquia co fin de tomar as nosas cunchas.

Rezamos á Virxe para que nos poña no Paraíso, e nos exima da peaxe para facer ben a santa viaxe.

Cando estivemos aquí preto, en Burdeos, pasamos perigos sobre a auga «Deus! malpocados! como acabaremos se san Géraud non nos protexe?»

Cando chegamos a Bayona, moi preto dos países españois, fixo falta cambiar fermoso diñeiro por escudos e moeda corrente.

Cando estivemos en Vitoria, vimos a herba e as flores; felices, nun prado collemos lavanda, tomiño e romeu.

Cando fomos polas pasarelas, como tremían ao pasar por elas!. Criamos morrer: «Paz! ah paz! Salva aos peregrinos, Santiago!»

En Burgos, unha confraría mostrounos unha estraña marabilla: na súa igrexa, con gran calafrío, un crucifixo suaba.

En plena cidade de Léon, cantamos unha canción, e moitas señoras viñan escoitar aos fillos de Francia

Chegados ás montañas asturianas, os peregrinos pasaron moito frío; en Salvador adoramos día e noite un cravo da cruz.

Cando chegamos a Ribeira, os sarxentos quixeron encarcerar a mozos e vellos pero os Auvergnats dixeron: «Estamos aquí en nome de Géraud e do abade!»

Ao xuíz dixémoslle que viñamos rezar Deus, non para facer mal nin dano. O xuíz dixo: «Paz! boa viaxe!»

Estamos en Galicia. Santiago, garda aos peregrinos de pecado e dálles queixo e trigo para que fagan moito diñeiro.

Recemos por Monseñor o Abade que nos reconforta a todos na súa casa compostelá con pan, viño e provisións. Amén

Canso dels pelegrins de San Jac

Sem pelegrins de vita aicela

Que Orlhac proch Jordan s’apela

Avem laissatzs nostres parens

Nostras molhers e nostras gens,

Per anar en may clientela

Veyre San Jac de Campestela,

Que Crist que fa de drech avers

Molt enriquezisca mos vers !

De nostra rueta e ostal

Proch lo mostier de san Guiral

Sem estatz totz en la paroquia

Per far serqua de nostra cloquia.

Li-avem pregat dona Ver gis

De nos gitar en Paradis

E donar gracia de peatge

Per fayre be lo sant viatge.

Quan fuerem proch, en Bordaiga,

Calguèt aventurar sobre aiga:

«Deus, pecayre! que devendrem

Se san Guiral no nos defen?»

Quan fuerem lay en Beyanha,

Proch las encontradas d’Espanha,

Calguet cambiar bona peconha

Per escutz e moneta ronha.

Quan fuerem a Vitoria,

Vederem la verdor floria:

De joy presem lavendre, tym

En un deves, e ramorin.

Quan fuerem sobre-ls pontetz,

Quai tremol al passar qu’om fetz!

Creziam morir: A patzl a patzl

Salva los pelegrins, san Jacz!

En Burgos, una cofrairia

Mirific avent nos porgia:

En la soa gley’s, a pro tremor,

Us Crist suzava sa suzor.

Per mieg la vila de Lion

Li criderem una canson,

E las donas per abundansa

Venian auzir los filhs de Fransa.

Aribatz als mons Esturiet

Los pelegrins agron molt freit

E’n Salvador azorem totz

Jorn e nuech clavel de la crotz.

Quan fuerem en Rivedier,

Sirvens volgro metre en career

Vielhs e joines ; mas Alvernhat :

Sem per Guiral e per l’Abat !

Davan lo jutge lor dizem

Que per pregar Deus nos venem,

E no per far dam ni damnatge.

Lo jutge dis: «Patz, bo viatge!»

Sem en Galicia. O son Jacz,

Guarda pelegrins de peccatz

E dona lei formatge e blada

Per poder far molt pogezada.

Preguem per mossenhor l’Abat

Que nos a totz recunfortat

En la mayso sobre montanha

De pa, de vin e de manganha.

Amen

Valores do Camiño de Santiago: Deus

De Deus temos un primeiro coñecemento que move a poñerse en marcha para conseguir que a divindade se nos revele de xeito máis claro. Pode dicirse que o Camiño de Santiago, entendido como marcha cara ao Ideal, vén de Deus e conduce a Deus.  O peregrino sabe que a camiñada é unha realidade interior que tende a Deus.  O noso ideal é toparnos con Deus.

O Camiño de Santiago invita a recoñecer a un Deus máis grande cás nosas ideas e imaxinacións. É un Deus que transmite confianza. Un Deus sobre o que ensinou de palabra e obra o apóstolo Santiago.

A peregrinación estimula un culto a Deus bastante completo (ver, oír, cantar, escoitar, tocar, convivir…).

A experiencia do misterio de Deus durante a peregrinación sucede no interior da persoa, e entra de cheo no campo da fe. Hai persoas que notan que os chama unha forza superior a eles mesmos; que durante a peregrinación vaille falando con maior ou menor claridade; e que, de regreso a casa, dá un novo sentido á súa vida. A peregrinación está ligada ao sentido da conversión. Quen procura o santuario compostelán camiña en dirección á vida nova que Deus lle ofrece.

A %d blogueros les gusta esto: