O que se pode aprender da situación que vivimos

Que estrano resulta un día tan claro e fermoso cun sol impresionante e nós na casa sen poder saír.

Un día cheo de luz e ao mesmo tempo cheo de oscuridade.

A loita entre o ben e o mal, a loita entre o egoísmo e o saber renunciar a un mesmo para poder saír.

A loita entre a vida e a morte en tantas ucis do noso mundo tan autosuficiente e tan necesitado ao mesmo tempo.

A loita de tantos médicos, enfermeiras/os, persoal sanitario que se senten impotentes e desbordados.

A loita de tantos anciáns que sofren a soidade e o desamparo, a impotencia de ver como as súas forzas fraquean e como son abandonados.

A loita de todas/os os que queremos saír xa deste pesadelo.

A loita e a impotencia dun Deus amigo que nos creou e nos fixo ceibes e ve como estragamos todo pola culpa do ego. Ese ego desenfreado que sempre quere máis e máis.

A loita dese Deus que no rostro do seu Fillo fálanos de morrer a nós mesmos, de abandonar o noso ego, a nosa egolatría e abrirnos á alteridade, a confianza no outro, no irmán que camiña ao meu carón.

A loita de Xesucristo que cada día nos propón e nos agasalla a oportunidade de trocar o noso mundo nun manancial de vida, de esperanza, de encontro, de fraternidade, de solidariedade, de compaixón.

A loita do Espírito Santo por facer ver os erros que cometemos e aprender deles para emprender un novo camiño.

Queda na casa, entra no teu mundo e pensa: que podo aprender de todo esto que estou a vivir? Que podo facer?

Amigas e amigos, ánimo, forza e tesón. Unha aperta.

Manuel Areán Fernández.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: