Conectando xeracións: libro homenaxe aos maiores

O Instituto da Familia de Ourense e o Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo presentan un libro escrito por alumnos da ESO no que recollen a biografía de persoas maiores.

A presentación do libro será o luns 30 de setembro no salón de actos Seminario Diocesano de Lugo ás 19 h. Este acto pode seguirse en directo pola canle de youtube do Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo.

Un dos obxectivos da obra é dar a coñecer aspectos da vida de persoas maiores para homenaxear publicamente unhas vidas cargadas de experiencia.

As persoas maiores foron escoitadas e valoradas a través da narración da súa biografía ao mesmo tempo que os mozos fixeron voluntariado. Os mozos son autores do libro e desenvolven unha tarefa literaria publicando a vida dunha persoa maior.

Os mozos participantes estudan en centros concertados de Lugo. En febreiro tiveron encontros no Asilo de San Roque (Lugo), cunha festa inicial á que seguiron talleres de escoita e de literatura e as entrevistas propiamente ditas dos mozos aos maiores.

No Centro de Orientacion Familiar Diocesano volve a atención presencial

O martes 19 de maio volve a atención presencial no Centro de Orientación Familiar Diocesano (COF Diocesano) coas medidas de seguridade necesarias. Desinféctase e límpase exhaustivamente o centro e hai máscaras e xel hidroalcohólico. Estableceranse as citas espaciadas para que non haxa ninguén na sala de espera. As sesións levarán a cabo con distancia de seguridade (a sala é grande).

Para os que prefiran, manteranse as sesións a través do teléfono 673 223 393

Correo electrónico: info@cofdiocesano.org

Durante este mes, nas redes sociais do COF Diocesano compártese cada día unha cita ou vídeo que axudan a vivir mellor o matrimonio, coidar a familia e a redescubrir o amor, a través da exhortación Amoris Laetitia do Papa Francisco.

O Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo atende por chamada ou por Skype durante a corentena

A atención realízana a psicóloga e terapeuta familiar, Cristina Bandín, e o sacerdote e orientador familiar, Nicolás Susena.
O coronavirus provocou un gran cambio na vida de moitas familias. Algunhas teñen que enfrontarse estes días ante situacións non só inesperadas, senón verdadeiramente dramáticas.
Son días complicados, onde moitas persoas atravesan situacións difíciles agravadas por esta pandemia. Non todo o mundo conta co mesmo apoio nin recursos, nin están acompañados como para poder compartir aquilo que lles sucede.
A iso súmase a dor que provoca saber que tantos familiares ou amigos están contaxiados, e a impotencia de non poder acompañalos. E a dor de quen teñen que chorar a morte dos seus seres queridos no silencio da corentena.
Por ese motivo, o Centro de Orientación Familiar (COF) Diocesano de Lugo únese a quen se atopan nesta situación. Combater a ansiedade, a desesperanza, acompañar na dor ou na soidade, e xerar un espazo de escoita é agora clave para quen viven na Diocese de Lugo.
Para facilitar a atención é necesario que previamente se chame ao teléfono 673 223 393 ou ao correo electrónico do COF (info@cofdiocesano.org). Todas as consultas fanse por teléfono ou por Skype. E nesta ocasión a atención será gratuíta.

Desde 2013 prestando servizo
O COF Diocesano leva preto dunha década acompañando a familias e a persoas con situacións moi diversas. Tamén ofrece sempre unha dimensión formativa a través de conferencias, talleres ou cursos onde teñen especial importancia o crecemento integral da persoa e o seu desenvolvemento ante as dificultades.

Encontros de Pais

O Centro de Orientación Familiar Diocesano organiza en Lugo e Lalín entre novembro e abril uns Encontros de Pais, cos que brinda un espazo de formación e reflexión sobre a familia e as emocións. Nestes encontros invítase a proxectar a vida familiar dun modo intelixente. Cada sesión está dirixida polo Instituto da Familia de Ourense.

                                      Lugo

7 de novembro de 2017       12 de decembro de 2017

9 de xaneiro de 2018            6 de febreiro de 2018

6 de marzo de 2018              10 de abril de 2018

CONTACTO: CPR Plurilingue Divino Mestre   Rúa Portugal, 45  Lugo

Telf.: 982 21 68 44     cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es      + info

                                         Lalín

16 de novembro de 2017       21 de decembro de 2017

18 de xaneiro de 2018           15 de febreiro de 2018

15 de marzo de 2018             19 de abril de 2018

CONTACTO: Local Parroquial   Entrechán, Edificio Río   Rúa B, Número 40  Lalín

Telf.: 986 96 87 04     encuentrodepadreslalin@gmail.com   + info

Horario de 19:30 a 21:00. Aberto a calquera persoa que desexe participar

A %d blogueros les gusta esto: