Oferta formativa do Colexio Diocesano San Lorenzo en Formación Profesional

Está aberta a prematrícula nos ciclos formativos que oferta o Colexio Diocesano San Lorenzo. O período de matrícula será do 1 ao 22 de xullo.

O ciclo medio de Emerxencias Sanitarias encamíñase ao transporte sanitario.

Dentro das saídas profesionais están: traslado de pacientes e prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes e realización de plans de emerxencia.

O ciclo superior de Hixiene Bucodental impárteno profesionais da Odontoloxía.

Saídas profesionais: atención sanitaria e promoción da saúde, organización e xestión en gabinetes dentais.

Ademais destes dous ciclos pertencentes á familia sanitaria, ofrécense outros dous pertencentes á familia de actividades físicas e deportivas: o ciclo medio de guía no medio natural e o ciclo superior en acondicionamento físico, únicos na provincia.

O ciclo medio do Guía no Medio Natural e Tempo Libre é eminentemente práctico. Impártense técnicas de natación, de equitación, de bicicleta…

Saídas profesionais: monitor de tempo libre, socorrista no medio natural e instrutor de actividades de lecer e recreativas en espazos acuáticos naturais.

O ciclo superior de Acondicionamento Físico permite formarse en actividades dirixidas con soporte musical, adquire coñecementos sobre valoración da función corporal e control postural…

Saídas profesionais: adestrador persoal, monitor de actividades dirixidas, adestrador en instalacións deportivas.

Establecéronse colaboracións con empresas como Salutrans, Galimplant, Forus Lugo ou hípica Endurance Lucus, onde se realizan as prácticas para conseguir unha formación actualizada e próxima ao mundo laboral.

Proximamente publicaranse as modalidades de Bacharelato que se imparten.

Para máis información: teléfono 982 220 100.   Web do centro

Xornada de portas abertas do Colexio Diocesano San Lorenzo

O 20 de maio ás 17:00 o Colexio Diocesano San Lorenzo dá a coñecer os Ciclos formativos de Formación Profesional que imparte:

🔹Grao Medio Emerxencias sanitarias

🔹Grao Medio Guía do medio natural e tempo de lecer

🔹Grao Superior Hixiene bucodental

🔹Grao Superior Acondicionamento físico

Máis información na web: https://colegiodiocesanosanlorenzo.org/

Procesos de matrícula no Colexio Diocesano San Lorenzo

Durante este mes de maio permanece aberto o prazo de matrícula no Colexio Diocesano San Lorenzo para o curso 2022 – 2023 na seguinte oferta educativa:

1.º ESO – 4.ºESO

1.º Bacharelato:

-Humanidades e ciencias sociais

-Ciencias e tecnoloxía

-Xeral

2.º Bacharelato:

-Humanidades

-Ciencias sociais

-Ciencias

Empréganse metodoloxías innovadoras de ensino aprendizaxe:

Aprendizaxe por proxectos, aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe baseada no pensamento, personalización da aprendizaxe e intelixencias múltiples.

Por outra parte, é posible facer a prematrícula para Formación Profesional:

Ciclos medios: emerxencias sanitarias e guía do medio natural e tempo de lecer

Ciclos superiores: hixiene bucodental e acondicionamento físico

Máis información nos correos:

  ciclos_deportivos@colegiodiocesanosanlorenzo.org

 ciclos_sociosanitarios@colegiodiocesanosanlorenzo.org

Xornada de portas abertas do Colexio Diocesano San Lorenzo

O Colexio Diocesano San Lorenzo abre as súas portas a todas as familias, para que valoren esta opción formativa para os seus fillos, e poidan unirse á aventura educativa que o Centro desexa continuar despois da boa experiencia que está resultando o actual curso académico 2021-2022.

Neste primeiro trimestre do ano o Colexio Diocesano San Lorenzo organiza varias xornadas de portas abertas para informar sobre o seu modelo educativo. Todas as persoas interesadas en coñecer os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato teñen unha última oportunidade de achegarse o 7 de marzo ás 16:30 h até o edificio do Seminario de Lugo despois de cubrir un formulario .

[Programa da TVG do 6 de marzo sobre o Colexio San Lorenzo]

Celebración da aprendizaxe no Colexio Diocesano San Lorenzo

O 15 de febreiro o Colexio Diocesano San Lorenzo organizou a celebración da aprendizaxe, coincidindo coa segunda das xornadas de portas abertas. Nisto último participaron tanto pais e rapaces interesados en coñecer o centro como medios informativos e autoridades locais. Ademais de visitar as instalacións, asistiron á celebración da aprendizaxe, consistente en que o alumnado de varios cursos de Secundaria presentou o resultado dos seus traballos por proxectos (a célula, Alfonso X o Sabio, cuadratura do círculo). Neste caso tamén estaban presentes os pais dos alumnos. Desde principios deste ano vén desenvolvéndose este método didáctico que implica a varias materias ao mesmo tempo e que continuará ata final de curso con cinco proxectos máis.

A %d blogueros les gusta esto: