Cursiños de Cristiandade

Do 17 ao 19 de novembro celébrase un Cursiño de Cristiandade na Casa Diocesana de Exercicios. Está dirixido a crentes que buscan profundar na súa vida de fe, e tamén a persoas indiferentes, non crentes ou alonxadas. Ten sitio no Cursiño toda persoa que busque, con certa seriedade, o sentido trascendente da súa vida, sexa cal for a súa forma de pensar e de sentir.

O Cursiño de Cristiandade pode ser unha experiencia de fe, altamente gratificante que, en xeral, ilumina o noso camiñar. Quen o vive, di que viviu os tres días máis interesantes da súa vida.

O Cursiño de Cristiandade proclama o substancial da fe, de forma testimonial, cálida, alegre, xubilosa. Como a Boa Nova que salva ao home. Máis que demostrar grandes verdades, mostra vidas que van sendo tocadas pola forza do Espírito.

O Movemento de Cursiño de Cristiandade non sitúa ao cristián nun lugar prefixado, senón que actúa con delicado respecto ás opcións persoais e axuda a descubrir e desenvolver a vocación de cada un. En ningún momento o cursillista deixa de ter o seu campo de actuación.

Máis información: 982 227 705  ou  mcursilloscristiandadlugo@gmail.com

Ultreia Diocesana

O 15 de outubro o movemento Cursiños de Cristiandade (MCC) celebra unha Ultreia Diocesana na Casa de Exercicios (R/ Bispo Ona de Echave, 14). É unha festa para animarse entre todos de maneira comunitaria a continuar a misión, a semente que depositou o Señor no corazón dos cursillistas, renovar o impulso evanxelizador. Invítase tamén a cantos queiran coñecer Cursiños de Cristiandade e madurar a fe.

Programa:

  • 11.00 Conferencia: “Evangelii Gaudium, un novo estilo para evanxelizar”, Luis Varela Castiñeira, Consiliario Diocesano de MCC

  • 12.00 Reflexión persoal

  • 12.30 Diálogo

  • 13.00 Eucaristía

  • 15.30 Asemblea

Cursos de Cristiandade en Lugo

O Curso de Cristiandade comeza o día 7 ás 20h na Casa Diocesana de Exercicios, e durará ata o domingo 9 ás 21h.

 O  Curso de Cristiandade pode ser unha experiencia de fe, altamente gratificante que, en xeral, ilumina o camiñar pola vida.  O Curso de Cristiandade diríxese non só aos crentes que buscan profundar na súa vida de fe, senón tamén a persoas indiferentes, non crentes ou afastadas. Ten sitio no Curso de Cristiandade toda persoa que busque, con certa seriedade, o sentido transcendente da súa vida, sexa cal for a súa forma de pensar e de sentir.

Máis información no teléfono 982 244 643

Cursiños de cristiandade a partir do día 28

Para os días 28 e 30 de marzo están programados uns Cursiños de Cristiandade na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo. Están destinados  ás persoas insatisfeitas que queiran sacarlle máis á vida, a toda persoa que busque o sentido transcendente da súa vida, sexa cal for a súa forma de pensar e de sentir. Dada a súa forma de anuncio da Boa Nova, o Cursiño de Cristiandade diríxese non só aos crentes que buscan profundar na súa vida de fe, senón tamén a persoas indiferentes, non crentes ou afastadas.

Cursiños de cristiandade a partir do día 15

Estes Cursiños de cristiandade serán entre os días 15 e 17 de marzo na Casa Diocesana. A entrada é o venres ás 20:30 e a saída o domingo ás 21h.

O novo Papa Francisco dirixíase hai dous anos aos “cursillistas” da arquidiocese de Buenos Aires con estas palabras: “É necesario que o Movemento de Cursos de Cristiandade a través da participación de todos, continúe o seu camiño de conversión pastoral”. 

A %d blogueros les gusta esto: