Xornadas de liturxia

Os próximos días 13 e 14 de outubro celébranse as XLIX Xornadas de Liturxia que orga-niza a Conferencia Episcopal Española, que este ano, pola pandemia impartiranse online. O tema que se tratará será a iniciación cristiá e o catecumenado, hoxe.

Estas xornadas suplen a xornada de formación que tiña a Diocese de Lugo outros anos a principios de curso no Seminario.

Para facilitar a participación nas xornadas estableceranse varios puntos de coñexión en distintos lugares da Diocese: A Fonsagrada (igrexa), Lugo (Seminario), Lalín (Santuario do Corpiño), Chantada (Igrexa Nova), Monterroso (Casa parroquial), Baralla (Casa parroquial), Sarria (igrexa O Rosario), e Monforte (Casa parroquial).

Se alguén prefire mellor participar desde a súa casa, de xeito individual, tamén se pode facer, solicitando as claves para a conexión á parroquia A Milagrosa (Lugo) ou á parroquia Sta. María (A Fonsagrada).

O programa detallado das xornadas será o seguinte:

Mércores 13 de outubro

16:00 h. Oración inicial e presentación das Xornadas. Mons. José Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense e presidente da CEL.

16:30 h. O catecumenado e a iniciación cristiá, onte e hoxe. D. Jaume González Padrós. Profesor do Instituto de Liturxia (Barcelona) e consultor da Comisión Episcopal para a Liturxia.

18:00 h. O Ritual da iniciación cristiá de adultos. D. Lino Emilio Díez Valladares, SSS. Párroco da Nosa Señora do Santísimo Sacramento de Madrid e profesor de Liturxia.

Xoves 14 de outubro

16:00 h A catequese no proceso da iniciación cristiá. D. Juan Luís Martín Barrios. Vigairo para o Ministerio Ordenado e os Ministerios Laicais. Diocese de Zamora.

17:30 h A iniciación cristiá dos nenos en idade catequética. D. Vicente Edgar Esteve Pineda. Delegado episcopal de Liturxia. Arquidiocese de Valencia.

19:00 h Clausura das Xornadas. Mons. José Leonardo Lemos Montanet.

Xornada de formación litúrxica

O xoves 10 de outubro a Delegación Diocesana de Liturxia organiza no Seminario unha xornada de formación litúrxica. O tema será “A Piedade Popular e a Liturxia” e incluirá os seguintes aspectos:

  • A forza evanxelizadora da piedade popular

  • Aspectos canónicos da celebración da Eucaristía

  • A piedade popular e a liturxia

  • Os sacramentais

  • A música e o canto. Expresión da piedade

  • A primacía do domingo e o día litúrxico propio. Reflexións sobre as celebracións da Virxe e os santos

  • Programar unha Novena

Relatores:

  • Ramiro González Cougil, delegado de Liturxia de Ourense;

  • José Manuel Penela, secretario-chanceler da Diocese de Lugo;

  • Abraham Sánchez, rector do Seminario Redemptoris Mater de Lugo;

  • José Antonio Ferreiro, delegado de Liturxia de Lugo; e

  • Nicolás Susena, vicario parroquial da Milagrosa.

Xornada Diocesana de Liturxia

Unha das accións que programou para este curso a Delegación de Liturxia é organizar unha Xornada de Formación Litúrxica, que se concreta o mércores 10 de outubro no Seminario, onde se reflexionará sobre como a celebración litúrxica crea unha vida espiritual.

A relatora é a irmá Carolina Blázquez Casado, OSA, priora do Mosteiro da Conversión de Sotillo de la Adrada, Doutora en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e profesora en San Dámaso, no Bienio de Liturxia.

O horario é o seguintes:

  • 10:15 Presentación. Oración

  • 10:30 Relatorio: A liturxia, escola de vida cristiá. Liturxia, espiritualidade e vida cristiá

  • 11:30 Descanso

  • 12:00 Comunicacións varias

  • 12:15 Relatorio: Relacións entre liturxia e piedade popular

  • 13:15 Diálogo coa relatora

  • 16:30 Relatorio: A necesidade dun método litúrxico: recuperar a mistagoxía

  • 17:30 Diálogo

  • 18:00 Fin da xornada

Esta xornada é aberta a sacerdotes, consagrados, ademais de fieis laicos.

Uso de libros litúrxicos e celebración de aniversarios

novo-misal

Misal Romano.

A Conferencia Episcopal presentou a 3ª edición do Misal Romano en lingua castelá. Na Diocese de Lugo foi presentado o día 7 de novembro. Esta nova edición non pode ser utilizada ata o primeiro domingo de Coresma. A partir dese día (5 de marzo) o seu uso é obrigatorio para todas as celebracións da Misa en lingua castelá.

Leccionario I A: Para os domingos e festas do Señor

Foi publicado e saíu á venda o Leccionario da Misa para os domingos e festas do Señor, Ciclo A (Leccionario I A). Está elaborado a partir dos textos da Sagrada Biblia. Versión oficial da Conferencia Episcopal Española.

A partir deste domingo I de Adviento (27 de novembro) é obrigatorio o seu uso en todas as celebracións da Eucaristía.

 

Celebración de aniversarios.

Lémbrase a obrigatoriedade de cumprir as normas do Calendario Romano en canto ás celebracións polos defuntos. Non poden celebrarse aniversarios os días que teñen categoría de solemnidades, nin de festa, nin por suposto, os domingos.

A celebración de Santa María Madalena eleva o seu rango de memoria a festa

 

Prefacio María Madalena

A Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos no Vaticano, emitiu un decreto no que, seguindo a vontade do Papa Francisco, establece que a memoria litúrxica de Santa María Madalena que se celebra o 22 de xullo, pase a ter rango de festa. A Misa contará cun prefacio propio.

Prefacio María Magdalena

 

A %d blogueros les gusta esto: