Concertos de Nadal do Orfeón Lucense

O xoves día 20 na Catedral dará un pequeno concerto de Nadal tralo acto de bendición do belén. Á súa vez este acto prosegue á Eucaristía presidida polo Sr. Bispo, á procesión e á exposición do Santísimo que terán lugar na basílica lucense o devandito día a partir das 20h.

O próximo 22 de decembro, sábado, ás 20:30 h., o Orfeón Lucense ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal, na igrexa de Santiago-A Nova.

O Orfeón, Coro oficial da Catedral de Lugo, que estará dirixido polo seu titular, Marcos Fernández Mosquera, ofrecerá un recital con panxoliñas do folclore galego e de todo o mundo, no que a agrupación estará acompañada por Carlos Rodríguez, violinista galego residente en Bristol (Reino Unido), colaborador do Orfeón nestes últimos anos.

Dúas actuacións máis ofrecerá o Orfeón aos lucenses antes do remate do ano:

  • 27 de decembro, dentro da campaña “CANTOS DE NADAL 2018” que promove a Deputación Provincial de Lugo, cantará a misa vespertina (19,30h.) recital de cantos de Nadal na igrexa parroquial de A Milagrosa,

  • 28 de decembro, ás 20h. cantará panxoliñas polo centro da cidade.

O Orfeón Lucense inicia nova tempada e invita aos interesados a sumarse á coral

Orfeón Lucense volve aos ensaios no local da rúa do Cruce, número 5 (moi cerquiña do Pavillón de Deportes) e baixo a dirección de Marcos Fernández Mosquera.
Pero isto non está dirixido só ás mulleres e homes que forman parte do Orfeón Lucense: eles e elas xa saben que os ensaios se reanudan o venres 7 de setembro, que haberá novas pezas no repertorio e que a ilusión de todos ao afrontar este novo curso será a mesma de sempre.
Iso vai dirixido principalmente a quen lle guste cantar e estea interesado en formar parte desta agrupación musical, que pode pasar polo local de ensaio da rúa do Cruce, 5, todos os venres entre as 19.30 e as 21.30.
A %d blogueros les gusta esto: