Mons. Alfonso Carrasco Rouco, recibe a medalla de cabaleiro da Serenísima Orde da Alquitara

imposición medallón orde alquitara

Na tarde do día 14 de xullo Mons. Alfonso Carrasco Rouco recollía a medalla que o acredita como Cabaleiro da Serenísima Orde da Alquitara. O lugar elixido para o acto foi o salón de plenos do Concello de Portomarín. Este nomeamento xa o aceptara no 2012, pero non puidera asistir antes ao acto de entrega porque os novos cabaleiros e damas son investidos no Domingo de Pascua, data na que o Bispo preside as celebracións da Resurrección do Señor na Catedral de Lugo.

A elección dun alto cargo eclesiástico supón unha novidade que rompe coa tendencia habitual de escoller a un personaxe coñecido do mundo da comunicación, da gastronomía ou da política.

insignia Orde Alquitara 2No Libro do Concello Mons. Alfonso Carrasco deixou constancia do seu agradecemento pola distinción e mostrou o seu desexo de que a presenza de peregrinos en Portomarín fose sinal da visita do Noso Señor Xesucristo.

A continuación, un dos cabaleiros da Orde, Mario José Carballo Meilán, impuxo ao señor Bispo o medallón que o acredita como cabaleiro. O acto, que estivo presidido polo alcalde de Portomarín, Juan Serrano, finalizou cunhas palabras de Mons. Alfonso Carrasco, a quen lle parece moi axeitado todo o que sexa valorar os símbolos e o traballo das xentes de Portomarín.

A %d blogueros les gusta esto: